mércores, 30 de outubro de 2019

Máis curtas "sonoras"

Nestes días poñeremos aquí exemplos diversos e sinxelos para inspirarvos na vosa práctica sonora. Hoxe traemos dúas pezas realizadas no marco da Chanfainalab en San Sadurniño e gravadas nun día. O primeiro é  "Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe",  unha divertida proposta de Brais Breijo, un mozo de San Sadurniño utilizando as paisaxes do seu pobo como soporte para  filmes e series de TV de Hollywood: Os filmes que "saen" son: "O señor dos aneis", "Xogo de Tronos"," Mulleres desesperadas", "Harry Potter", "Downton Abbey" e American Horror Story". Que vos preste.

 O segundo puxémolo en clase, mais vai de novo; é unha peza de Cristina de la Torre cunha banda sonora que chega a alterar profundamente o significado das imaxes na montaxe sonora. O seu título é "SANSA", un documental orixinal e divertido no que Cristina rexistra ata cinco eventos "sociais" da intrahistoria dunha fin de semana en Sansa: unha voda civil, o pleno municipal dos sábados, a misa dominical de Naraío, un partido de fútbol e o xantar d@s cineastas da Chanfainlab en Bardaos. A alteración dos tempos na montaxe e os audios encabalgados nos diferentes eventos, vanlle engadindo sorprendentes significados e lecturas a canto vemos ou escoitamos, mais sempre dende o respecto e agarimO

Ningún comentario:

Publicar un comentario