xoves, 14 de novembro de 2019

Compoñer música para o cinema

Seguimos a volta co asunto  da creación das bandas sonoras. Decides que non tedes tempo para nada, mais ao mellor nun día festivo @s interesad@s neste tema queredes aprender algo mentres estades no sofá, sen saber moito qué facerou se aproxima o exame de Cultura Audiovisual e queredes repasar pola vía rápida... Nese caso, aquí tedes un magnífico documental, "La gran partitura" , producido pola BBC inglesa sobre as relacións entre a música e cinema. Neste primeiro capítulo Neil Brand amosa cómo compositores de orixe europea como Max Steiner e Erich Wolfgang Korngold aportaron novas ideas para obras mestras de Hollywood como King Kong e The Adventures of Robin Hood. Ou cómo Bernard Hermann, aportou un son mais oscuro e moderno a algunhas das mellores películas do cine, coas súas partituras para Cidadán Kane, Psicosis ou  Taxi Driver. Tamén inclúense no docu outros cineastas e compositores como Martin Scorsese e Hans Zimmer, compositor de éxitos de taquilla como Gladiator, Origen e os filmes de Marvel.


E non perdades a terceira parte coa mirada posta na música electrónica  dende os primeiros usos de curiosos instrumentos como o Theremin. o Trautonium e os primeiros sintetizadores en filmes como "Los pájaros",  ata a traxectoria de compositores música electrónica como Vangelis e Clint Mansell.

Ningún comentario:

Publicar un comentario