xoves, 16 de abril de 2020

Video-Arte


O outro día apuntamos algunhas suxestións para o traballo final de Cultura Audiovisual 2 e falamos da Videopoesía. Hoxe apuntaremos outras posibilidades, como por exemplo traballar directamente con pinturas concretas ou estilos e formas artísticas que vos molen para inspirarvos.  Durante o curso publicamos varias entradas sobre a cuestión. Aquí as tedes ao completo. Volvede a pegarlle un repaso para inspirarvos. Podedes reconstruír un cadro e aportarlle movemento mediante stop motion, ou utilizar os elementos que tedes na casa para reformular un estilo determiñado, ou crear unha historia a partires dun cadro.  Do mesmo xeito que coa videopoesía as posibilidades son infinitas e só dependen da vosa imaxinación. Outro exemplo  aquí: 10 videos musicales inspirados en obras de arte”. Tamen vimos spots publicitarios co mesmo sentido. Este xa o vimos no curso, máis é para lembrar o traballo que procuramos.


Ou este outro con permiso de Angel

Perfectamente Imperfecto

Aquí vai unha dosis Wabisabi de filosofía "Deiviana". (David). Que vos preste.

.

mércores, 15 de abril de 2020

Peli de Loving Vincent

Hola a todos!!
Como os va? Espero que lo estéis pasando lo mejor posible, y yo para eso, os vengo a decir que en Netflix han puesto una Peli, "Loving Vincent" animada al estilo de los cuadros de Van Gogh, y trata los últimos días del artista.
Es muy bonita y entretenida y no viene mal para saber un poco más acerca de este maravilloso artista.
Espero que la veáis porque está muy muy muy chuli, un besito :)

https://www.netflix.com/title/80171527?s=a&trkid=13747225&t=cp

luns, 13 de abril de 2020

Videopoesía

Entre os traballos que tedes para  abril-maio, está o que poderíamos denominar  videoArte, ainda que nun sentido moi amplo, "o audiovisual" debería ser só a envoltura, a forma, mais o ollo e o corazón debería estár centrado nunha práctica artística concreta (a música, a literatura, a pintura, a danza, etc).  Imos a comezar hoxe polos VIDEPOEMAS.  Trátase de xogar coa palabra poética e a imaxe. Os poemas poden ser vosos ou de calquera autor/a que vos mole. Imos poñer tres tipos de exemplos:

a)  Visitade esta WEB: VERSOGRAMAS. Aquí tedes moita información sobre a videopoesía. Un dos seus autores, Juan Lesta  ía a visitarnos en abril no Instituto, mais como imaxinadades quedará para outra ocasión. Hai moitos exemplos e ben fermosos deste xeito de contar. Nesta Web tedes moitos exemplos de xeitos diversos de achegarse á videopoesía como por exemplo
Qué es el amor” , un poema de Lucy English, traducido e recitado por Eduardo Yagüe. Él mesmo asume a dirección do videopoema. Como actor protagonista, Steffan Carlson.


B).- Outro exemplo é o "Proxecto Nimbos" sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, no que un fato grande de cineastas galegos fanlle unha peculiar homaxe visual poñendo imaxes ás sensacións que producen os seus versos. A iniciativa consistiu en facer un chamamento a cineastas e creadores audiovisuais tanto de Galiza como de fóra dela para faceren unha breve curtametraxe e dar nela a súa visión dun dos poemas que forman o libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro. Se procedemos á súa lectura vemos como os textos do poemario se caracterizan por unha forte compoñente visual. Polos versos están esparexidas imaxes e metáforas capaces de definir dunha maneira nidia todo tipo de conceptos. Un estilo poético que fai gala de certo resaibo pola metafísica da mirada. As descricións son prolíficas e fai gala de certa insistencia contemplativa no mundo natural que redunda nun forte existencialismo. Podes miralos aquí perfectamente organizados con ligazóns dos poemas aos vídeos.

C) Adxunto tres bós exemplos de videopoesía  realizados no noso Instituto nestes anos  e que por certo son ben diferentes:
O primero é de Natalia Fernández e o poema é do poeta Xosé María Díaz Castro


O segundo é de Ana Pena.



O terceiro de Lara e Noa é un poema de José Martí.


Publicamos aquí tamén o videopoema de Toño Lopez con texto de Antonio Machado.
O próximo artigo será sobre  videodanza.


xoves, 26 de marzo de 2020

Peli especial para vos

O Director Ignacio Vilar envíame esta mensaxe:

Ola Manolo
vai SICIXIA (web) aberto só para os teus alumnos

Xa rirás a opinión das alumnas/os do filme.
Teño moito interese na súa opinión.


CONTRASINAL: SicixiaVO0718 

Estaría ben que a vexades. O protagonista da historia é un técnico de son...Pode que vos interese (por exemplo a David).

 Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.


Prendéndome lume


Xoana Abraira, intenta contar con imaxes o que sinte. Bravo Xoana....

martes, 24 de marzo de 2020

Novas composicións de Historia de España

As composicións históricas do tema sobre o Reinado de Alfonso III son tres. A primeira -a crise da restauración- xa pasou o prazo (teño 15 entregadas e hoxe teredes as correccións). Aqui tedes dúas mais: A crise do 17 e a Ditadura de primo de Rivera...

domingo, 22 de marzo de 2020

Eroski paraiso na TVG

Imagen


                                                       LUNS as 22.30: Eroski paraiso na TVG
https://www.facebook.com/108615840572422/posts/201047714662567/

martes, 17 de marzo de 2020

Novo Cinema Galego de balde

Como agora tedes tempo, podedes empregalo poñéndovos ao día vendo filmes especiais de balde, como por exemplo grandes pezas do Novo Cinema Galego. Entre elas a primeira película de Oliver Laxe e outr@s cineastas d@s que falamos en clase. Tamén está un enlace ás curtas da Chanfaina. Deixade para despois o cine mainstream e respirade un pouco de ar fresco. Cliqueade na imaxe

Resultado de imaxes para: NOVo cinema galego

luns, 16 de marzo de 2020

Cuarentena e Historia de España

Ola a tod@s,
En situacións extraordinarias, só caben respostas extraordinarias. Levo todo o curso intentando que entendades o importante que é a Historia e cómo as boas e malas decisións dos homes inflúen e afectan decisivamente  na vida cotiá da humanidade.  Como tod@s sabedes,  a materia de Historia de España en 2º bac- ABAU depende basicamente da vosa capacidade de chapatoria e nomeadamente  da elaboración -mais ou menos atinada- dunha composición histórica. O meu consello é que  aproveitade ao máximo o tempo xa que estades en cuarentena. Esto pasará e logo ides a andar apurados coa proba ABAU. Pouco podo facer para motivarvos  a que estudedes, mais si sería moi  util que vos empaparades un pouco deste tempo histórico -o século XX- tan preto xa de nós . Podedes enviarme as composicións históricas a través do meu correo pacharistas@gmail.com, botándolle un ollo aos materiais que van a continuación

TAREFAS DE HISTORIA DE ESPAÑA
Como ben lembraredes, quedamos máis ou menos na penúltima pandemia vivida na Historia de España: A GRIPE DE 1918, onde apuntamos que as medidas de illamento social son as únicas que verdadeiramente funcionan se non hai vacinas ou tratamentos. E  tranquil@s que a historia (dende a Idade Media) ensina que funcionan.
Imos pois traballar nun só bloque todo o período histórico que comprende dende o reinado de Alfonso XIII ata a Guerra Civil Española. (1902-1939)  (Queda pendente o referido ao franquismo e a España contemporánea).

Aquí van os contidos:

1.-PRESENTACIÓNS DESCARGABEIS
(lamentablemente non funcionan as ligazóns aos vídeos)

2.-DE VISION OBRIGADA: (facerme caso por favor)
Non tedes escusa algunha: Xa teñen o enlace directo: Tedes que ver obrigatoriamente estes filmes cos que ides entender moitiiiiiiiiisimo  mellor os apuntes...

3-TEMAS PARA CHAPAR e FACER ESQUEMAS PROPIOS (Apuntes, definicións, cronoloxía)

4.-COMENTARIOS: Cada semana colgarei u ou dous comentarios para enviar por correo electrónico á pacharistas@gmail.com que corrixirei  na casa.

  • ·     Esta é a composición histórica desta semana: Crise da Restauración. (Desarticulación del sistema canovista). Entrega 22 de marzo
5    5. TRABALLO.  Por suposto, tamén  podedes facer o traballo deste periodo histórico. Que son 4 puntos¡¡¡¡ e ademais prometo ser xeneroso dadas as circunstancias.


6.-RECUPERACIÓN DA 1º E 2º AVALIACIÓN
· Traballo creativo de Historia de España ata o século XX. Obrigatorio
· Comentario do século XIX . Obrigatorio
· Calquera pregunta que consideredes sobre a vosa nota

7.-OUTRAS PELICULAS MOI RECOMENDABEIS  para ver nestes días (e fiádevos de min, please) que son pelis moi moi boas. Ao final de cada presentación descargable tedes un listado exhaustivo tema a tema.
Todas as pelis están na plataforma do cine español FlixOlé (aproveitade a oferta que este mes é gratis). E logo custa 2,99 ao mes


ALFONSO XIII

LA FORJA DE UN REBELDE .Sen dúbida a mellor serie da historia da TV en España. Un repaso exhaustivo e rigoroso do primeiro terzo do século XX en España. Baseado na obra de Arturo Barea. Absolutamente imprescindible. Podes ver legalmente a serie completa aquí
JARRAPELLEJOS: O caciquismo e a inxustiza na Estremadura rural dos anos vinte . Baseada na novela de Felipe Trigo. E unha película que cabrea de cojones. FlixOlé 
EL CRIMEN DE CUENCA: Baseada en feitos reais, Pilar Miró pon en evidencia as inxustas regras da xustiza da Restauración. Tamén pon ao espectador de moi mala hostia. FlixOlé 
VIDA EN SOMBRAS Filme maldito. Obra mestra do cinema español. Un repaso ao 1º terzo do século XX a través co cinema. Unha rareza singular
LA VERDAD SOBRE EL CASO SAVOLTA. Moi recomendable. A Barcelona obreira de 1916. Baseado na novela de Eduardo Mendoza. Gran peli. Un clásico do cine histórico español.FlixOlé 
OJO POR OJO: Miniserie recente sobre avatares de grupos anarquista na Barcelona de 1919. Romance e acción revolucionaria. Podes ver legalmente a serie completa aquí

REPÚBLICA E GUERRA CIVIL (tes un completo listado o final da presentación descargable)

Especiais e imprescindibeis:
LA FORJA DE UN REBELDE Sen dúbida a mellor serie da historia da TV en España. Un repaso exhaustivo e rigoroso do primeiro terzo do século XX en España. Baseado na obra de Arturo Barea. Absolutamente imprescindible. Podes ver legalmente a serie completa aquí
DRAGON RAPIDE: Magnífica e rigurosa reconstrución dos días anteriores ao 18 de xullo e todos os pormenores da conspiración golpista. O protagonista é Franco. Imprescindible. Ver en youtube
LA CONSPIRACION: Magnífica e rigurosa reconstrución do proceso de conspiración do Xeneral Mola dende o mesmo día do trunfo da Fronte Popular.  Imprescindible para comprender as orixes da Guerra Civil. Podes vela legalmente aquí
NOTICIAS DE UNA GUERRA. Apaixoante docu que utiliza só imaxes, textos e audios da época. Moi instructivo Podes velo legalmente aquí

Outras
A LINGUA DAS VOLVORETAS A vida cotián e o tempo da República dende o punto de vista dun mestre rural republicano en Galicia. Baseada na novela de Manuel Rivas FlixOlé 
MI HIJA HILDEGART Historia verídica sobre a ferrolana Aurora e a súa filla Hildegart. FlixOlé 
CLARA CAMPOAMOR LA MUJER OLVIDADA Magnifica recreación sobre o parlamento republicano e a conquista do voto da muller. Podes vela legalmente aquí
LOS JINETES DEL ALBA Serie imprescindible centrada especialmente na revolución de Asturias de 1934. Podes vela serie legalmente aquí
MORIR EN MADRID Un documental clásico e moi representativo da mirada internacional sobre a Guerra Civil.. Podes velo legalmente aquí
AY CARMELA Sin dúbida un dos mellores filmes sobre a Guerra Civil española. Non a perdades e ter klenex preto porque ides chorar si ou si..FlixOlé 
LAS TRECE ROSAS Historia dun grupo de mozas socialistas fusiladas ao remate da Guerra civil. Ides pillar un gran cabreo.FlixOlé 
LA HORA DE LOS VALIENTES: A Guerra dende os que salvagardaron os cadros do Museo do Prado. Moi bonita para @s amantes da arte. FlixOlé 
LIBERTARIAS A Guerra dende o punto de vista das mulleres anarquistas. Moi apropiada para mulleres bravas. FlixOlé 
TIERRA Y LIBERTAD Filme de Ken Loach moi reivindicativo do labor dos anarquistas na Guerra Civil.Ver en youtube
LA GUERRA DE LOS LOCOS: A Guerra dende o punto de vista dun grupo de tolos dun manicomio. Moi orixinal. Podes velo legalmente aquí
REQUIEM POR UN CAMPESINO ESPAÑOL Crónica da Guerra Civil en Aragón segundo a novela de Rafael J. Sender.  Ver en youtube
RAZA. Versión da Historia de España segundo guión do propio Franco. Un filme moi representativo do pensamento franquista Podes velo legalmente aquí

Insisto; tedes unha listaxe moi completa nas presentación descargabeis.
Todas as pelis están na plataforma do cine español FlixOlé (aproveitade a oferta de 30 días gratis). E logo custa 2,99 ao mes