luns, 13 de abril de 2020

Videopoesía

Entre os traballos que tedes para  abril-maio, está o que poderíamos denominar  videoArte, ainda que nun sentido moi amplo, "o audiovisual" debería ser só a envoltura, a forma, mais o ollo e o corazón debería estár centrado nunha práctica artística concreta (a música, a literatura, a pintura, a danza, etc).  Imos a comezar hoxe polos VIDEPOEMAS.  Trátase de xogar coa palabra poética e a imaxe. Os poemas poden ser vosos ou de calquera autor/a que vos mole. Imos poñer tres tipos de exemplos:

a)  Visitade esta WEB: VERSOGRAMAS. Aquí tedes moita información sobre a videopoesía. Un dos seus autores, Juan Lesta  ía a visitarnos en abril no Instituto, mais como imaxinadades quedará para outra ocasión. Hai moitos exemplos e ben fermosos deste xeito de contar. Nesta Web tedes moitos exemplos de xeitos diversos de achegarse á videopoesía como por exemplo
Qué es el amor” , un poema de Lucy English, traducido e recitado por Eduardo Yagüe. Él mesmo asume a dirección do videopoema. Como actor protagonista, Steffan Carlson.


B).- Outro exemplo é o "Proxecto Nimbos" sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, no que un fato grande de cineastas galegos fanlle unha peculiar homaxe visual poñendo imaxes ás sensacións que producen os seus versos. A iniciativa consistiu en facer un chamamento a cineastas e creadores audiovisuais tanto de Galiza como de fóra dela para faceren unha breve curtametraxe e dar nela a súa visión dun dos poemas que forman o libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro. Se procedemos á súa lectura vemos como os textos do poemario se caracterizan por unha forte compoñente visual. Polos versos están esparexidas imaxes e metáforas capaces de definir dunha maneira nidia todo tipo de conceptos. Un estilo poético que fai gala de certo resaibo pola metafísica da mirada. As descricións son prolíficas e fai gala de certa insistencia contemplativa no mundo natural que redunda nun forte existencialismo. Podes miralos aquí perfectamente organizados con ligazóns dos poemas aos vídeos.

C) Adxunto tres bós exemplos de videopoesía  realizados no noso Instituto nestes anos  e que por certo son ben diferentes:
O primero é de Natalia Fernández e o poema é do poeta Xosé María Díaz Castro


O segundo é de Ana Pena.



O terceiro de Lara e Noa é un poema de José Martí.


Publicamos aquí tamén o videopoema de Toño Lopez con texto de Antonio Machado.
O próximo artigo será sobre  videodanza.


Ningún comentario:

Publicar un comentario