fijaros en la copa del principio como se la bebe dos veces
Amosando publicacións coa etiqueta montaxe b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta montaxe b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 27 de febreiro de 2020
elite
justo acabo de ver el articulo que colgó manolo sobre la continuidad y me recordó a este clip de la serie de netflix élite
Script continuidade
Estamos a ver en clase que unha das características do cinema industrial é o de continuidade ou racord. O/a responsable de controlalo é a figura da script (secretario/a de rodaxe)que está integrada no equipo de dirección . Aquí vos deixo dous videos sobre a continuidade para que entendades mellor as súas funcions asi como conceptos básicos que debedes aplicar na vosa práctica. Aquí tedes un artigo para que lembredes. No artigo tedes ademais á vosa disposición unha longa clase maxistral sobre a importancia da continuidade:
Clase Magistral sobre Continuidad Cinematográfica por Mariana Gironella
E aquí un minitutorial impartido por un mozo youtuber sobre o asunto:
E xa para botar unhas risas, aquí volo conta José Mota. Tedes que velo ata o final
Animádevos a poñer aquí agrupacións de secuencias que teñan erros de continuidade ou de raccord no eixe, dirección, vestuario, atrezzo ou miradas... Hai miles de videos en Internet que abordan a cuestión. Veña, que cada bó exemplo que poñades terá un premio. Hai vai un ao chou:

martes, 3 de decembro de 2019
Un creador xenial
No comezo do curso (agás este ano), fago unha enquisa aos alumn@s sobre diversas cuestións relacionadas co cinema. Case sempre hai un par de preguntas que ninguén é capaz de respostar. Unha delas é quén era Serguei N. Eisenstein, un dos cineastas mais interesantes do tema das vangardas que acabamos de rematar. Non perdades este breve video en Días de cine sobre a súa obra. Hai quen pensa que o aporte de Eisenstein á historia do cinema é comparable ao de Leonardo da Vinci no Renacimento. Entre as moitas innovacións que aportou á linguaxe cinematográfica destaca de xeito singular o concepto "montaxe de atraccións" e moi especialmente a montaxe intelectual que son "xogos de asociacións de imaxes máis ou menos arbitrarias que debían conducir psicolóxicamente (...) no espírito do espectador cara conceptos e despois, cara ideas preestablecidas polo cineasta". Un mecanismo moi utilizado hoxe na publicidade e na propaganda política. Aquí tedes unha peza que desenvolve un pouco o concepto.
Co gallo do 120 aniversario do nacemento do xenial cineasta ruso (22 de xaneiro de 1898), numerosos medios de comunicación rememoraron a pervivencia do seu legado. Iso demostra que estamos diante dunha figura clave da cultura contemporánea.

- Sergei Eisenstein, el genio ruso del montaje que creó un nuevo cine (La voz de Galicia)
- Sergei Eisenstein, el descubridor del cine como espectáculo de masas (El pais)
- Sergei Eisenstein, de icono del cine soviético a 'doodle' de Google (El mundo)
- Sergei Eisenstein, el padre del montaje en el cine repudiado por Stalin (La vanguardia)
E a lembranza de Google 22-1-2018
domingo, 1 de decembro de 2019
O ollo é a cámara
Xa notaríades en clase o moito que me mola o gran cineasta ruso Vertov. Aquí tedes un bó microdocumental para reforzar un pouco mais qué significa o "cine ollo" En Internet toparás con moito material sobre este cineasta fundamental da historia do cine.
E se queredes ver outra proeza de Vertov e tedes paciencia ou curiosidade, botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, osadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)