Xa notaríades en clase o moito que me mola o gran cineasta ruso Vertov. Aquí tedes un bó microdocumental para reforzar un pouco mais qué significa o "cine ollo" En Internet toparás con moito material sobre este cineasta fundamental da historia do cine.
E se queredes ver outra proeza de Vertov e tedes paciencia ou curiosidade, botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, osadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.
Amosando publicacións coa etiqueta son b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta son b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 1 de decembro de 2019
xoves, 28 de novembro de 2019
Sonido
Este vídeo es un claro ejemplo de que muchas veces las cosas no son lo que parecen, en él nos muestran ejemplos de sonidos muy clásicos creados con objetos, personas,...me ha parecido interesante e incluso gracioso así que aquí os lo dejo:
En éste caso nos hablan de una manera mas "histórica" sobre la evolución del sonido en el cine, tratan de hacer entender el sonido con el paso del tiempo:
En éste caso nos hablan de una manera mas "histórica" sobre la evolución del sonido en el cine, tratan de hacer entender el sonido con el paso del tiempo:
martes, 19 de novembro de 2019
Mahler e a chanfaina
Vendo a práctica sonora de Miguel Piñeiro sobre a tortilla española non puiden evitar lembrarme doutro vídeo gastronómico, neste caso realizado polo gran cineasta Marcos Nine. Marcos ilustra o proceso de construcción do popular plato da chanfaina cunha grandiosa música de Gustav Mahler. Aqui tedes a peza:
xoves, 14 de novembro de 2019
Compoñer música para o cinema
Seguimos a volta co asunto da creación das bandas sonoras. Decides que non tedes tempo para nada, mais ao mellor nun día festivo @s interesad@s neste tema queredes aprender algo mentres estades no sofá, sen saber moito qué facerou se aproxima o exame de Cultura Audiovisual e queredes repasar pola vía rápida... Nese caso, aquí tedes un magnífico documental, "La gran partitura" , producido pola BBC inglesa sobre as relacións entre a música e cinema. Neste primeiro capítulo Neil Brand amosa cómo compositores de orixe europea como Max Steiner e Erich Wolfgang Korngold aportaron novas ideas para obras mestras de Hollywood como King Kong e The Adventures of Robin Hood. Ou cómo Bernard Hermann, aportou un son mais oscuro e moderno a algunhas das mellores películas do cine, coas súas partituras para Cidadán Kane, Psicosis ou Taxi Driver. Tamén inclúense no docu outros cineastas e compositores como Martin Scorsese e Hans Zimmer, compositor de éxitos de taquilla como Gladiator, Origen e os filmes de Marvel.
E non perdades a terceira parte coa mirada posta na música electrónica dende os primeiros usos de curiosos instrumentos como o Theremin. o Trautonium e os primeiros sintetizadores en filmes como "Los pájaros", ata a traxectoria de compositores música electrónica como Vangelis e Clint Mansell.

martes, 12 de novembro de 2019
Elasticidade do cinema mudo
Como contamos en clase, a chegada do cine sonoro en 1927 paralizou por certo tempo a marabillosa elasticidade e dinamismo do cinema "mudo".(Lembrade a secuencia de "Cantando baixo a choiva"). Tardaríase moito tempo en igualar este magnífico travelling de "Alas" ( William A. Wellman), primeira película que gañou un Oscar en 1927.
E cómo se puido filmar un plano así hai case 100 anos?. Aquí tedes a resposta:
No 2018 o director galego Dani de la Torre "versionou" este plano en "La sombra de la ley". .. Cómo faríades vos este plano?

Tres grandes compositores de BSO
Para sedimentar ben algunhas ideas sobre as BSO e o cinema, aquí van tres videos ben diferentes sobre outros tantos grandes compositores no cinema. O primeiro vai sobre HANS ZIMMER un dos compositores máis sobresaientes de Hollywood, apodado por parte da crítica como «o omnipresente Zimmer» (Piratas do Caribe, Cabaleiro escuro, Intrerestelar, El rey Leon, Batman, Wonder Woman, etc).
O segundo é un audio que acompaña este magnifico resumo sobre JOHN WILLIANS (Indiana, Jones, Star war, Jurassic Park Harry Potter, Tiburón, ET, etc...
E para rematar, o inmenso BERNARD HERRMANN, músico dalgúns dos mellores filmes de Alfred Hitchcock, (por exemplo Sicosis) , introdúcenos de cheo no misterio de Vértigo dende os títulos de crédito.
E para rematar, o inmenso BERNARD HERRMANN, músico dalgúns dos mellores filmes de Alfred Hitchcock, (por exemplo Sicosis) , introdúcenos de cheo no misterio de Vértigo dende os títulos de crédito.
luns, 11 de novembro de 2019
Música prescindíbel e silencio sonoro
Estamos co tema do espazo sonoro e a función da música no cinema. Aquí tedes tres pezas para ilustrarse. Os dous primeiros van sobre a música aplicada ao universo Marvel. Como se trata de filmes que coñeceredes ben,-por formar parte da vosa infancia e mocidade- paréceme interesante que lles botedes un ollo (ou dous).
Mais houbo algún critico disconforme con esta mirada sobre a música no cine e respostou con este video que pon a caldo -literalmente- a Hans Zimmer..
Alguhna opinión?
O segundo vai sobre o uso creativo do silencio nos filmes de Martin Scorsese, para que lle perdades o medo ao silencio nas vosas pezas..

A cor do son
Descubre o incrible mundo sonoro do noso entorno que case non escoitamos: O ruido urbán, a música que nos segue a todas partes na publicidade, as tendas ou lugares públicos e a natureza. Neste documental se invita a descubrir os sons que nos acompañan permanentemente.
El color del sonido [2009] from Eduardo Carbonell (EvilSound) on Vimeo.
El color del sonido [2009] from Eduardo Carbonell (EvilSound) on Vimeo.
xoves, 7 de novembro de 2019
Unha banda sonora que viola a mente
Bó día!
Nestes días estamos a falar na clase sobre os sons, e mencionamos tamén as bandas sonoras. Fai un tempo, na clase de análise musical do conservatorio puxéronnos este vídeo, que resultou ser moi interesante. Analiza a banda sonora da película ´´ El Señor de los Anillos´´, e explica como funciona, como as melodías ou motivos aparecen en diferentes partes da película e o por qué diso. Pode resultar un pouco longo xa que dura case vinte minutos pero se tedes un rato entre exame e exame resulta ser moi entretido. Espero que vos guste:)
martes, 5 de novembro de 2019
Sobre Carlos de Hita e as paisaxes sonoras
Nestes días que estamos a falar de espazos sonoros, non podo deixar de recomendarvos un dos profesionais españois do son que máis ten traballado polo rexistro das Paisaxes Sonoras. Aquí tedes a web de Carlos de Hita, ateigada de suxerencias de todo tipo, moitas delas absolutamente marabillosas. En realidade non sabería cómo escoller unha delas para recomendarvos. Podedes escoitar centos de exemplos de sons e non decidirvos por cal vos gusta máis. No ano 2006 foi nominado a un premio Emmy, na categoría de música e son, polas súas colaboracións con National Geographic. E nesta outra web, "El sonido de la naturaleza" tedes infinidade de propostas sonoras para abrir aínda mais a vosa sensibilidade polo marabilloso e descoñecido traballo do son.
(Na fotografía, Carlos de Hita cun micrófono megadireccional)
Un exemplo da súa mestría é este vídeo titulado "A vuelapluma" onde podemos comprobar empíricamente cómo os nomes dos paxaros que escoitamos todos os días non son mais que onomatopeyas, a transcripción do son característico de cada animal.
Ou este outro sobre As escalas dos ventos"

mércores, 30 de outubro de 2019
Máis curtas "sonoras"
Nestes días poñeremos aquí exemplos diversos e sinxelos para inspirarvos na vosa práctica sonora. Hoxe traemos dúas pezas realizadas no marco da Chanfainalab en San Sadurniño e gravadas nun día. O primeiro é "Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe", unha divertida proposta de Brais Breijo, un mozo de San Sadurniño utilizando as paisaxes do seu pobo como soporte para filmes e series de TV de Hollywood: Os filmes que "saen" son: "O señor dos aneis", "Xogo de Tronos"," Mulleres desesperadas", "Harry Potter", "Downton Abbey" e American Horror Story". Que vos preste.
O segundo puxémolo en clase, mais vai de novo; é unha peza de Cristina de la Torre cunha banda sonora que chega a alterar profundamente o significado das imaxes na montaxe sonora. O seu título é "SANSA", un documental orixinal e divertido no que Cristina rexistra ata cinco eventos "sociais" da intrahistoria dunha fin de semana en Sansa: unha voda civil, o pleno municipal dos sábados, a misa dominical de Naraío, un partido de fútbol e o xantar d@s cineastas da Chanfainlab en Bardaos. A alteración dos tempos na montaxe e os audios encabalgados nos diferentes eventos, vanlle engadindo sorprendentes significados e lecturas a canto vemos ou escoitamos, mais sempre dende o respecto e agarimO

domingo, 27 de outubro de 2019
Do son á imaxe (moi recomendabel)
Música Doméstica é unha curta elaborada por Alfonso Merino, un estudante de comunicación audiovisual de Vigo. Foi o premio con Certame Olloboi no 2014. Con este traballo pensou en dar a volta á orde na que normalmente se “constrúen" as películas, e partir do son no canto de na imaxe. Alfonso aproveitou os seus coñecementos de música para “compoñer” un tema rítmico cos sons da casa na que vivía. Escolleu obxectos e gravounos mentres soaban, fixo unha pista de audio sen imaxes mesturando os distintos sons e por último engadiu as imaxes. Na maioría das películas a banda sonora (diálogos, música e efectos) traballa para complementar as imaxes: neste caso a banda sonora é a protagonista e as imaxes serven simplemente para que se poida identificar a fonte de cada son, e de paso amosar que se pode facer música con calquera cousa das que temos tod@s pola casa: papeleiras, portas, caixóns, etc…
Non deixedes de velo, que seguro vai a molarvos.
Música Doméstica from Olloboi on Vimeo.
Non deixedes de velo, que seguro vai a molarvos.
Música Doméstica from Olloboi on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)