Amosando publicacións coa etiqueta linguaxe audiovisual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta linguaxe audiovisual. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2020

Unha cociña, unha peceira e un actor

Un bo exemplo de continuidade narrativa con tres elementos: unha cociña, unha peceira e un actor. Simple, efectivo e con intención


xoves, 27 de febreiro de 2020

elite

justo acabo de ver el articulo que colgó manolo sobre la continuidad y me recordó a este clip de la serie de netflix élite

fijaros en la copa del principio como se la bebe dos veces

Script continuidade

Estamos a ver en clase que unha das características do cinema industrial é o de continuidade ou racord. O/a responsable de controlalo é a figura da script (secretario/a de rodaxe)que está integrada no equipo de dirección . Aquí vos deixo dous videos sobre a continuidade para que entendades mellor as súas funcions asi como  conceptos básicos que debedes aplicar na vosa práctica. Aquí tedes un artigo para que lembredes. No artigo tedes ademais á vosa disposición unha longa  clase maxistral sobre a importancia da continuidade:
Clase Magistral sobre Continuidad Cinematográfica por Mariana Gironella
E aquí un minitutorial  impartido por un  mozo youtuber sobre o asunto:

E xa para botar unhas risas, aquí volo conta José Mota. Tedes que velo ata o final




Animádevos  a poñer aquí agrupacións de secuencias que teñan erros de continuidade ou de raccord no eixe, dirección, vestuario, atrezzo ou miradas... Hai miles de videos en Internet que abordan a cuestión. Veña, que cada bó exemplo que poñades terá un premio. Hai vai un ao chou:

O mago dos efectos especiais clásicos

En relación co principio da verosimilitude, aludimos na clase ao traballo do grande técnico Emilio Ruiz del Río. Un dos grandes creadores de efectos especiais do cinema español -450 películas- como pintor, decorador ou maquetista e que ten participado en superproducións hollywodienses como "Conan", "Espartaco" "Dune", "Lawrence de Arabia"   ou "El cid" entre outras. O seu nome da pleno sentido ao concepto técnico de efectos especiais ás ordes do Director Artístico.
Aquí tedes un fragmento do documental "El último truco" onde podemos apreciar a súa incrible destreza na técnica do cristal pintado (considerado como o mellor do mundo) .
 
 
E se vos molou o fragmento podedes ver o documental íntegro nesta ligazón.

domingo, 9 de febreiro de 2020

Movemento

Levamos todo o curso insistindo na importancia da composición. Tamén no movemento. Non fai falla mover a cámara para dar sensación de movemento. Mirade este plano Lumiere (1896) recentemente restaurado e comprobade que -ainda que é un plano fixo-, transmite vida e movemento continuo. Dedicado a MMB

domingo, 17 de novembro de 2019

As imaxes de Tarkovski

Citamos varias veces en clase a Tarkovski, como un creador de imaxes poderosas e únicas. Un verdadeiro "influencer" do cinema contemporáneo. Aquí podedes comprobalo.

E aquí vai o trailer de Andréi Rubliev, unha peli que amosa a vida dun gran pintor de iconos a través de sete episodios na turbulenta Rusia do século XV.

martes, 12 de novembro de 2019

Elasticidade do cinema mudo

Como contamos en clase, a chegada do cine sonoro en 1927 paralizou por certo tempo a marabillosa elasticidade e dinamismo do cinema "mudo".(Lembrade a secuencia de "Cantando baixo a choiva"). Tardaríase moito tempo en igualar este magnífico travelling de "Alas" ( William A. Wellman), primeira película que gañou un Oscar en 1927.

E cómo se puido filmar un plano así hai case 100 anos?. Aquí tedes a resposta:


No 2018 o director galego Dani de la Torre "versionou" este plano en "La sombra de la ley". .. Cómo faríades vos este plano?

mércores, 23 de outubro de 2019

O curre dun plano secuencia

Nestes días, estamos a comentar na clase o complicado que resultaba facer grandes planos secuencias nos tempos do cinema clásico (por iso son tan meritorios). Afirma Rebeca no seu blog "Tella": "Con este trabajo me he dado cuenta de la dificultad que tienen detrás estos planos y su coordinación": e cánta razón ten!¡. Este vídeo visualiza bastante ben o traballo que hai tras dun plano secuencia con 50 persoas, catro paredes e unha cámara. Foi gravado cun dia de preparación. É da serie de Tv "Kidding"(2018), protagonizada por "Jim" Carrey e dirixida por Michel Gondry


Claro está que o plano está rodado cun estabilizador de imaxe coñecido por steadycam e inventado en 1975 polo operador de cámara Garret Brown, A partir de entón foi mais doado realizar este tipo de planos. No 40 aniversario da invención realizouse este video-homenaxe ao artiluxio que abriu a porta a marabillosos planos secuencias do cinema contemporáneo  que podedes ver na presentación sobre o tema na pestaña "Materiais de clase". Lembrade que en Internet toparedes moitas ideas para construir estabilizadores caseiros.
The Art of Steadicam from Refocused Media on Vimeo.

E tamén podedes gravalo a patíns!!!

luns, 21 de outubro de 2019

A sabiduria de John Berger

Fai agora un par de anos -2017-  faleceu John Berger escritor, crítico de arte y pintor británico a quen reverenciaba con admiración. Penso que teño pola casa gran parte dos seus libros, ensaios e novelas, especialmente "Puerca tierra" e "Modos de ver", texto de referencia básica para a historia da arte e manual obrigatorio nos IES de arte  británicos."Ninguen´como él escribiu sobre as artes" (Manolo Rivas). É imposible non quedar fascinado pola intelixencia que destila cada unha das súas obras. Para achegarvos a súa figura, aquí tedes todos os capítulo da serie documental da BBC (subtitulados) "Modos de ver" que influiu poderosamente na crítica e a historia da arte. Nel tamén se fala do cinema e moitos conceptos dos que falamos en clase. Non o perdades, porque vos sirve tamén para as materias de historia da arte e Fundamentos e sobre todo para entender mellor o mundo que vos rodea..Polo menos mirade os primeiros cinco minutos do episodio 1º


Modos de ver (Ep. 2)
Modos de ver (Ep. 3)
Modos de ver (Ep. 4)

domingo, 20 de outubro de 2019

Poesía visual de Tarkovski

Xa citamos varias veces a fascinante capacidade do cineasta ruso Andrei Tarkovsky (influencia moi presente nas imaxes de Oliver Laxe) para chegarnos ao corazón coa súa concepción poética do tempo, un cine que no precisa das palabras, máis ben son imaxes non verbais de emocións. Tarkovsky dixo: "un poeta é aquel que usa unha soa imaxe para expresar unha mensaxe universal", sempre deixa abertas as interpretaciones das súas imaxes para que os espectadores vivan por si mesmos a revelación do significado, as veces mesmo a través da ambigüedade e sempre seguindo o instinto e non a lóxica. . Aquí tedes un video onde podedes ver moitas das súas marabillosas imaxes. Copiade dos mestres

xoves, 26 de setembro de 2019

A mirada de Hopper

Seguimos  a darlle voltas ao concepto de "encadre" e "composición".  É imprescindible que asumades que un/unha verdadeir@ artista debe ter unha mirada persoal é por veces única, independentemente do tema soporte  ou historia que aborde. Esa mirada poderémola identificar a través de diferentes xeitos e mecanismos, un deles será o encadre e a composición nos diferentes planos que compoñen a narración audiovisual. O cineasta constrúe fragmentos de realidade -peza a peza, plano a plano, para completar o puzzle narrativo que debe penetrar na cabeza ou corazón do espectador. Unha inagotable fonte de inspiración para @s cineastas é analizar cómo encadran os clásicos da pintura ou fotografía.
Imos comezar por un deles. Trátase de Edward HopperUn creador imprescindible que ao longo da súa traxectoria deixou pegada en cineastas tan dispares como Hitchcock, Nicholas Ray, Denis Hopper, Terrence Malick, Coppola, David Lynch, Win Wenders, Sam Mendes ou Almodovar

Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes degustar moitos cadros do marabilloso pintor estadounidense acompañados pola música do inigualable e inmortal Leonard Cohen

Poucos como Hopper reflicten a soidade da sociedade urbana a través de persoaxes solitarios que miran ao infinito envoltos por unha esmerada composición de luces e sombras en localizacións cotiáns que nunca deixan indiferente ao espectador.  Moitos cineastas tiveron a Hopper como fonte de inspiración.  Aquí tedes un artigo sobre a sùa influencia no cine modernoSi lle preguntades ao Sr Google polas relacións entre "Hopper e o cinema", deseguro ficaredes asombrados pola súa figura como inspirador de decorados e imaxes inquietantes...

Podedes buscar  "Shirley Visiones De Una Realidad" un filme estreado no 2014 e realizado a partires de 13 pinturas de Hopper. Aquí tedes o trailer:

Para rematar, aconséllovos que miredes esta peza -deseguro vos gustará- sobre a influencia da pintura no cinema de Almodovar, entre os que destaca con luz propia -cómo non- o pintor Edward Hopper  . Que vos preste. ..
Pedro Almodóvar’s Obsessions (III): Art from Jorge Luengo Ruiz on Vimeo.

mércores, 25 de setembro de 2019

Composición, encadre, emoción, beleza e sentido..

Nestes días andamos a matinar nos conceptos do encadre e a composición. Antes de darlle ao "REC" pensade ben -unha e outra vez- qué ides encadrar e cómo. Ao mellor -lamentablemente- seguides pensando que non é importante, mais non será pola miña insistencia repetitiva unha e outra vez na clase. Xustamente é un dos sinais que caracterizan unha mirada profesional e artística ante o refugallo de imaxes que pululan pola rede. Si queredes que as vosas fotos e videos impresionen aos demais, coidade o encadre e a composición. Facede que as imaxes se convirtan en acontecementos estéticos. Cada plano debe ter a beleza e a enerxía dun cadro. Este vídeo ten como obxectivo recordávolo. Botádelle un ollo, porque de seguro ides aprender algo e ao tempo disfrutar de imaxes belísimas e cargadas de sentido.


Mais, a pesares de todo tamén insistimos que as regras tamén están para romperse, -sempre que teñas un obxectivo estético-narrativo claro-, como podes apreciar neste vídeo sobre la serie "Mr Robot". Observaredes que os planos utilizados rachan coa composición convencional, mais aportan moita información e reforzan os sentimentos dos persoaxes (ansiedade, soedade, tensión, irrealidade etc)