domingo, 29 de decembro de 2019

Feliz ano novo..

Qué teñades un bó ano... Ainda que agora mesmo pensades que sodes inmortais, lembrade que o tempo pasa nun suspiro. Aquí volo conta o artista Sergi Cadenas.


Si queredes saber máis sobre o proceso aquí tedes máis información.



xoves, 26 de decembro de 2019

"A primeira curta de.." Steven Spielberg

Seguindo a serie que andamos a argallar sobre as primeiras curtas de grandes directores, hoxe tócalle o turno ao director fetiche do cinema mainstream Steven Spielberg. Tiña daquela 22 años, en 1968, cando filmou os 25 minutos de 'Amblin', que luego daría o nome á súa produtora. Grazas a este traballo tivo a oportunidade de asinar un contrato de 7 anos con Universal para rodar TV movies, ata que realizou 'Duel', saltou ao cinema y consagrouse con 'Tiburón', o seu primeiro gran éxito.

domingo, 22 de decembro de 2019

Un documental poeta

Ao mellor algúns ides aproveitar as vacacións para idear e producir o voso docu. Xa sabemos que faltan por explicar contidos do universo da non ficción, mais pareceume interesante traer aquí esta fermosísima peza realizada en 1992 polo ourensán Toño López (cando tiña 18 anos) cunha cámara doméstica nunha fin de semana que foi visitar a un familiar nun pequeno pobo ao norte de Madrid. Ao final utilizou un poema de Antonio Machado para cementar todo o que gravou naqueles días. Unha reflexión sobre o paso do tempo e a morte, nun percorrido polo camiño da vida e da auga. O documental poeta –máis ben un videopoema- aporta imaxes de gran beleza, asociacións visuais e iconografía sobre o devalar do tempo. Unha pequena xoia que levou o Premio INJUVE 1996 e selección oficial no V Festival Internacional de video Cidade de Vigo (1994). Recoñezo que é unha pequena gran peza, que a min particularmente encántame a pesares da falta de medios técnicos e a xuventude e inexperencia do seu autor, hoxe un profesional moi competente no audiovisual galego (Matalobos, Luci, Galegos no mundo, Auga seca  ec) e  viaxeiro impenitente. Lémbrovos que tiña a vosa idade cando fixo este video.
El camino del agua from Toño Lopez on Vimeo.

"A primeira curta de..".Martin Scorsese

Algunha de vós comentoume que lle gostaría ver as primeiras curtas de grandes directores do cinema  Todos tiveron que bregar cos principios da linguaxe cinematográfica antes de surfear libremente pola narrativa audiovisual. Comezamos por un clásico en activo, Martin ScorseseTaxi driver, Toro salvaje, Uno de los nuestros,El aviador, Infiltrados, La Isla Siniestra, La invención de Hugo, El lobo de Wall Street, etc.  Vimos en clase un plano secuencia de "Uno de los nuestros". Nestes días de nadal podedes ver en Neflix a magnífica "El  irlandés"Pois ben, Martin tiña 20 anos cando dirixiu esta peza de 9': "What's a Nice Girl Like You Doing in a Place Like This?" (comezaba a estudar na New York University). Pódense ver xa algúns toques do seu estilo persoal como o uso de voz en off, montaxe fragmentada e vibrante con fluídos movimientos de cámara. Podes ver aquí outra das súas curtas de estudante: The Big Shave
Animádevos a buscar e publicar aquí as primeiras curtas dos vosos directores favoritos.

xoves, 19 de decembro de 2019

Buñuel no labirinto.

Falamos en clase de "Tierra sin pan" de Luis Buñuel como un exemplo de documental-avogado. Un documental  estremecedor - producido co diñeiro do premio da Lotería dun amigo- sobre a situación das xentes de Las Hurdes en 1933, en plena 2º República. Un filme  que serviu para algo, pois remexeu as conciencias das autoridades da súa época. Despois do escándalo da súa película surrealista "A idade de ouro"(vimos un fragmento en clase). Buñuel topou refuxio nun documental de referencia na historia do cine. Tamén vos estades a facer o mesmo pasando das vangardas ao documental.
Por iso resulta tan insólito o proxecto extremeño "Buñuel en el laberinto de las tortugas, unha película de animación dirixida por Salvador Simó sobre o proceso de producción  de "Tierra sin pan" e baseada nunha novela gráfica de Fermín Solís publicada pola editorial Astiberri. (na biblioteca do cole).A película non deixou de recibir premios dende a súa estrea no 2019, un dos mais importantes foi a de mellor longametraxe de animación europea. De seguro que leva o Goya á mellor animación no 2020. Si queredes saber máis sobre esta singular película de animación, podedes ler o artigo "Cuando Luis se convirtió en Buñuel," (ou pillala no ordenador de clase).
Aquí tedes trailer do proxecto:

Ao mellor é posible que despois de coñecer que hai xente que se tomou tantas molestias (facer  un comic ou producir unha película de animación) por un simple documental, teñades máis interés en velo; pois aquí o tedes:

"La felicidad de los perros" no Duplex

Esta fin de semana estréase nos Duplex "La felicidad de los perros" do vigués David Hernández. Tratase doutra película galega máis da fecunda racha  que levamos neste trimestre. Nesta ocasión, un retrato duro e realista dun home en crise, un home sen futuro, que se aferra á un pasado irrecuperabel e que escapa dun presente que non lle estimula en absoluto.  É unha película completamente independiente, que non contou con ningún tipo de apoyo institucional/televisivo ou subvención. Un meritorio esforzo que demostra o compromiso creador de David Fernández  despois de moitos traballos no ámbito da ficción, video-clip, documental, fashion film e publicidade coa súa marca Adarme visual.


La felicidad de los perros (trailer) from Adarme Visual on Vimeo.

«La felicidad de los perros»: Excelsa ópera prima




martes, 17 de decembro de 2019

Quén me pode conseguir esta pelìcula?

Levo tempo tras dunha película canadiense. O título orixinal é "Kabloonak"  (“extranxeiro” en lingua inuit), mais en España estreouse como "Mis aventuras con Nanuk el esquimal". A película recrea a rodaxe do que será considerado o primeiro documental, (O Ciudadano Kane dos documentais), como xa contamos en clase. No docu cóntase a convivencia do seu director Robert Flaherty cunha familia esquimal durante máis dun ano. Alguén  pode conseguir unha copia dobrada ou subtitulada en castelán?. Veña... sei que é dificil, mais súbolle un punto na avaliación. Aquí vai o trailer orxinal:

E aquí o afiche do filme
Resultado de imaxes para MIS AVENTURAS CON NANUK EL ESQUIMAL




luns, 16 de decembro de 2019

A polos documentais ¡

A estas alturas deberíades estar xa matinando sobre os vosos documentais ou filmes de non ficción. Xa está subida a presentación na Pestaña "Materiais de clase". Para completar que andamos a explicar nestes días recoméndovos que leades este artigo publicado na web "Tras la cámarasobre o grandísimo documentalista Cris Marker titulado: "7 Documentales de Chris Marker disponibles en Youtube que cambiarán tu modo de ver la historia en el cine". Sobre Chris Marker (1921-2012), escritor, fotógrafo y director de cine galo falamos no tema das vangardas, cando vimos fragmentos de "La Jetté", un filme experimental realizado con fotografías en 1962
La Jetée, (1962) Chris Marker from LADA on Vimeo.
Botádelle un ollo aos seus filmes que corroboran, o que tantas veces falamos en clase sobre o xénero de non ficción: o acto de creación mais libre que se pode facer no cinema.
E para facer boca, aquí tedes dous clásicos. O primeiro é "Toda a memoria do mundo" Ese é o título dun sinxelo, mais marabilloso documental dirixido en 1956 polo gran cineasta francés Alain Resnais. Nel faremos un percorrido por unha biblioteca, a Biblioteca Nacional Francesa, mais tamén están presentes a cultura, a memoria, o pasado, e ata a felicidade. A cámara hiperactiva do director contou coa colaboración de xente que xa ides coñecendo polo que falamos en clase como Agnès Varda ou Chris Marker. Encántame o título:"Toda a memoria do mundo"


toda la memoria del mundo from kid limbo on Vimeo.
E de segundo prato unha marabilla made in Galicia. Un dos documentais mais relevantes do cinema galego de todos os tempos. Gostaríame que falárades en clase  sobre esta biografía do carro. Aí vai.. sen mais comentarios. Unha viaxe polo tempo.
9173 - O Carro e o home from Editorial Teide on Vimeo.

sábado, 14 de decembro de 2019

Eroski Paraíso no Duplex

Xa comentamos varias veces o magnífico momento que está a vivir o cinema galego. Desde esta fin de semana tedes nos Duplex a moi contundente e fresca "Eroski paraiso" de Jorge Coira e Xesús Ron a ritmo de Dirty Dancing  e mesturando documental, ficción e performance. O filme parte dunha multipremiada obra teatral -entra ademais no exame de ABAU-  e que tivo 30.000 espectadores. A obra foi construída sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra. Jorge Coira, o seu codirector é un dos cineastas máis versátiles do noso país. Cabe lembrar que é o director dunha das mellores series de TV deste ano: a aclamada "Hierro", que podedes ver na plataforma de Movistar.  Aquí tedes o trailer: 

Algunhas críticas: EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús RonO xogo coa realidade de ‘Eroski Paraíso’ E si queredes saber máis podedes seguir a súa conta de Instagram


mércores, 11 de decembro de 2019

Eloy no Cole

Moitas grazas a tod@s pola vosa atención e "saber estar" na charla de Eloy Enciso. Unha honra telo connosco. Moita sorte para "Longa noite" polos cinemas do mundo
te a

Abstración e publicidade

Puxemos en clase algúns exemplos dos grandes cineastas alemanes da vangarda abstracta. Neste caso, deseguida toparon unha aplicación práctica das súas innovacións: a publicidade. Aquí tedes un par de exemplos relacionados cos primeiros spots publicitarios para cinema de hai 100 anos. Walter Ruttmann naceu en Alemania; estudou arquitectura e pintura; traballou como deseñador gráfico. A súa carreira cinematográfica comezou hai cen anos realizando curtametraxes abstractos.  Ruttmann agrandou a linguaxe do cinema con novas técnicas formais. Foi ademais pioneiro na elaboración de spots publicitarios para as rodas Excelsior en 1921


Ou tamén Der Aufstieg,  a promo dunha feira en Düsseldorf.

venres, 6 de decembro de 2019

"Longa noite" nos Duplex

Esta fin de semana estréase nos Duplex "Longa noite" de Eloy Enciso. O martes 10 coñeceredes a Eloy, o seu director na clase de Cultura Audiovisual. Xa comentamos que poderíamos encadrar esta peli entre as vangardas contemporáneas. O seu paso por Locarno, Toronto, Sevilla ou Nova York  o acreditan. É un broche de ouro para finalizar este mes no que tanto falamos das formas audiovisuais e artísticas que non siguen as normas narrativas do realismo e do cine mainstrean. Estades preparad@s para vela e entendela: Unha película nocturna e sonámbula, tecida con fantasmas encarnados en actores e actrices non profesionais; cos ronseis de escritores e poetas na noite negra do franquismo. "Construir pensamento a partires da forma" . Aqui tedes o trailer:

Algunhas críticas:
Eloy Enciso se adentra en las tinieblas de la dictadura franquista (El Pais); Una bofetada de memoria y rabia (El Pais); Eloy Enciso: «Quería mostrar cómo funciona un sistema totalitario» (El mundo);
A estrea de 'Longa noite' prolonga o bo momento do cinema galego (Praza). Un viaje poético a las miserias de la posguerra española (TVE), “En España, por herdanza do franquismo, existe unha sospeita continuada á cultura en xeral, Sombra y memoria de la posguerra. (La razón)
Resultado de imaxes para longa noite
E xa para rematar aquí tedes unha das súas primeiras curtas: "Funk The Wheel", realizada aos 26 anos como estudante na Escuela Internacional de Cine y Televisión de San Antonio de Baños en Cuba (2001). Por certo, o mozo que interpreta a Rocco é o tamén estudante Mauro Herce director de fotografía de "O que arde" ou "Mimosas" de Oliver Laxe e de todas as pelis de Eloy Enciso (Pic-nic, Arraianos).

mércores, 4 de decembro de 2019

Jan Svankmajer


Fai uns días atopei a este cineasta na rede, chámase Jan Svankmajer e a súa temática basease no surrealismo asi que recordoume ao que estamos vendo en clase sobre as vangardas. Botádelle un ollo



martes, 3 de decembro de 2019

“Toque vanguardista”

Me mandaron esta canción y al ver el videoclip me llamó la atención su toque ...¿vanguardista?https://youtu.be/BqnG_Ei35JE

Un creador xenial

No comezo do curso (agás este ano), fago unha enquisa aos alumn@s sobre diversas cuestións relacionadas co cinema. Case sempre hai un par de preguntas que ninguén é capaz de respostar. Unha delas é quén era Serguei N. Eisenstein, un dos cineastas mais interesantes do tema das vangardas que acabamos de rematar. Non perdades este breve video en Días de cine sobre a súa obra. Hai quen pensa que o aporte de Eisenstein á historia do cinema é comparable ao de Leonardo da Vinci no Renacimento. Entre as moitas innovacións que aportou á linguaxe cinematográfica destaca de xeito singular o concepto "montaxe de atraccións" e moi especialmente a montaxe intelectual que son "xogos de asociacións de imaxes máis ou menos arbitrarias que debían conducir psicolóxicamente (...) no espírito do espectador cara conceptos e despois, cara ideas preestablecidas polo cineasta". Un mecanismo moi utilizado hoxe na publicidade e na propaganda política. Aquí tedes unha peza que desenvolve un pouco o concepto.



Co gallo do 120 aniversario do nacemento do xenial cineasta ruso (22 de xaneiro de 1898), numerosos medios de comunicación rememoraron a pervivencia do seu legado. Iso demostra que estamos diante dunha figura clave da cultura contemporánea.
E a lembranza de Google 22-1-2018

luns, 2 de decembro de 2019

Benedicta en los Goya

Siento la calidad de imagen, pero vuelvo de clase y nada mas encender la tele me encuentro con que una de los dos protagonistas de O Que Arde, esta nominada para el Goya de Mejor Actriz Revelacion, necesitaba compartirlo con todos. Mas que merecido!!!

Botade unhas risas.. ho.

E como xa estamos ao final do tema das vangardas aí vai un exemplo de "cinema de apropiación",  para botar unhas gargalladas agora que xa rematamos coa 1º avaliación.



Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.

domingo, 1 de decembro de 2019

El mundo de BTS

El mundo de BTS
Esta entrada es realmente larga y difícil de entender incluyendo los vídeos (por lo menos para mí)
así que recomiendo mirarlo con calma y tiempo.

El otro día hablando con un amigo, salió el tema de música y videoclips. Nos pusimos a hablar y le recomendé el disco WINGS de BTS (Como no). Bajo mi punto de vista es genial y por eso lo quise publicar en el blog.
Este disco está relacionado con una especie de mini película formada por un conjunto de vídeos. Cada uno de los vídeos es una canción del disco (no todas las canciones tienen vídeo) y si los juntamos parecen varias historias con relación entre ellas, pero en realidad es solamente una. 
Casi todos los discos de BTS están relacionados con esta historia, así que para entenderlo mejor os dejo unos vídeos al final de la entrada donde lo explican TODO muy bien.

O ollo é a cámara

Xa notaríades en clase o moito que me mola o gran cineasta ruso Vertov.  Aquí tedes un bó microdocumental para reforzar un pouco mais qué significa o "cine ollo"  En Internet toparás con moito material sobre este cineasta fundamental da historia do cine.

 

E se queredes ver outra proeza de Vertov e tedes paciencia ou curiosidade, botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, osadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.

Consellos para ter boas ideas

Agora que estades matinando no filme das vangardas, aquí  van uns conselliños do gran director David Lynch (Terciopelo azul, Twin Peaks, Mulholland Drive...)  "para ter boas ideas". Aquí tedes o artigo completo.