Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2020

Five Fingers


Magnífica peza de animación de Nerea Couto


Nerea Couto: Five Fingers: Una animación en las que muestro al personaje de mi comic, Kafka, como un loco asesino. El caos y los colores brillantes muestran la inquietud y el desorden que tiene en su cabeza.

domingo, 24 de maio de 2020

"Sombra" de Lucía Ladero

"De Meliés a Tim Burton" agrupa prácticas dos alumnos de 1º BAC en calquera das técnicas de stop motion e realizadas con teléfonos mobiles, cámaras domésticas ou cámaras fotográficas, realizadas en maio do 2020, durante o estado de alarma polo COVID-19. Aquí está a primeira e magnífica proposta da gran Lucía Ladero. 

 
Como escrebe a propia autora: "Nosotros mismos somos los que, en la gran mayoría de las veces, creamos nuestras propias barreras, con miedos o dudas irracionales que nos ocupan la mente sin dejarnos  avanzar".
Noraboa pola peza. Non pode ser máis pertinente. Gostoume moito...

mércores, 15 de abril de 2020

Peli de Loving Vincent

Hola a todos!!
Como os va? Espero que lo estéis pasando lo mejor posible, y yo para eso, os vengo a decir que en Netflix han puesto una Peli, "Loving Vincent" animada al estilo de los cuadros de Van Gogh, y trata los últimos días del artista.
Es muy bonita y entretenida y no viene mal para saber un poco más acerca de este maravilloso artista.
Espero que la veáis porque está muy muy muy chuli, un besito :)

https://www.netflix.com/title/80171527?s=a&trkid=13747225&t=cp

xoves, 19 de decembro de 2019

Buñuel no labirinto.

Falamos en clase de "Tierra sin pan" de Luis Buñuel como un exemplo de documental-avogado. Un documental  estremecedor - producido co diñeiro do premio da Lotería dun amigo- sobre a situación das xentes de Las Hurdes en 1933, en plena 2º República. Un filme  que serviu para algo, pois remexeu as conciencias das autoridades da súa época. Despois do escándalo da súa película surrealista "A idade de ouro"(vimos un fragmento en clase). Buñuel topou refuxio nun documental de referencia na historia do cine. Tamén vos estades a facer o mesmo pasando das vangardas ao documental.
Por iso resulta tan insólito o proxecto extremeño "Buñuel en el laberinto de las tortugas, unha película de animación dirixida por Salvador Simó sobre o proceso de producción  de "Tierra sin pan" e baseada nunha novela gráfica de Fermín Solís publicada pola editorial Astiberri. (na biblioteca do cole).A película non deixou de recibir premios dende a súa estrea no 2019, un dos mais importantes foi a de mellor longametraxe de animación europea. De seguro que leva o Goya á mellor animación no 2020. Si queredes saber máis sobre esta singular película de animación, podedes ler o artigo "Cuando Luis se convirtió en Buñuel," (ou pillala no ordenador de clase).
Aquí tedes trailer do proxecto:

Ao mellor é posible que despois de coñecer que hai xente que se tomou tantas molestias (facer  un comic ou producir unha película de animación) por un simple documental, teñades máis interés en velo; pois aquí o tedes:

mércores, 11 de decembro de 2019

Abstración e publicidade

Puxemos en clase algúns exemplos dos grandes cineastas alemanes da vangarda abstracta. Neste caso, deseguida toparon unha aplicación práctica das súas innovacións: a publicidade. Aquí tedes un par de exemplos relacionados cos primeiros spots publicitarios para cinema de hai 100 anos. Walter Ruttmann naceu en Alemania; estudou arquitectura e pintura; traballou como deseñador gráfico. A súa carreira cinematográfica comezou hai cen anos realizando curtametraxes abstractos.  Ruttmann agrandou a linguaxe do cinema con novas técnicas formais. Foi ademais pioneiro na elaboración de spots publicitarios para as rodas Excelsior en 1921


Ou tamén Der Aufstieg,  a promo dunha feira en Düsseldorf.

luns, 2 de decembro de 2019

Botade unhas risas.. ho.

E como xa estamos ao final do tema das vangardas aí vai un exemplo de "cinema de apropiación",  para botar unhas gargalladas agora que xa rematamos coa 1º avaliación.



Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.

martes, 26 de novembro de 2019

A voltas coa xeometría

Agora que estades matinando xa nas Vangardas, botádelle un ollo a este video. Vaivos sorprender e divertir. Os pintores cubistas non ían tan descamiñados... (Activa os subtítulos)

luns, 25 de novembro de 2019

Na procura do surrealismo

Pode ser que nestes días algúns andedes na procura de  ideas para os vosos traballos, e algúns/has estedes obsesionad@s co extraordinario e o onírico. Aquí tedes dez exemplos de filmes surrealistas? para que vos inspiredes. Está realizada por un youtuber peruano. Algunha non corresponde exactamente co que falamos en clase, e mesmo son filmes mais ben horrendos; Están aí para a vosa inspiración e debate. O que sí é relevante e mirar os filmes recomendados nos apuntes do tema. Podedes incorporar novos títulos e propostas ao voso gusto. Admítense suxerencias.
 
 O que estaría moi ben -si é que apostades por un filme surrealista- é traballar co "voso" propio material, ese que vive nos vosos miolos ou no corazón. As veces, o máis inquietante pode agocharse no cotián, como nestas pequenas pezas que abordan a frustración a partires de situacións habituais que todos vivimos algunha vez.
UNSATISFYING from PARALLEL STUDIO on Vimeo.
Ou esta outra peza que pivota sobre o absurdo.
Preposterous - A short about absurdity from Florent Porta on Vimeo.

domingo, 17 de novembro de 2019

Tim Burton e o expresionismo

Como xa estamos a falar na clase das vangardas cinematográficas, nada mellor que comezar cun dos vosos directores favoritos, Tim Burton. . Neste video fica patente a débeda co expresionismo alemán ao longo de toda a súa filmografía.: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto  (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene). De seguro que vai a gustarvos.



O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...

martes, 1 de outubro de 2019

Vincent Van Gogh animado

Xa vedes que nestes días estamos a publicar entradas sobre as relacións entre pintura e cine. Podedes consultalas todas no tag correspondente "Falamos disto".  Hoxe tócalle o turno ao grandisimo Vincent Van Gogh cun proxecto moi especial que foi estreado o ano pasado, (mirade a web  "Loving Vincent")  Algún día ampliaremos esta nova coas relacións do cinema co gran pintor holandés. 

Para abrir boca recomendaría que non deixedes de ver a fascinante peza "Los Cuervos" da gran película -obra maestra- "Los sueños de Akira Kurosawa", onde un afeccionado á pintura consegue localizar a Van Gogh e falar con él,  para  logo "perderse" entre os seus cadros. (mágoa que non podades vela en pantalla grande ou HD para apreciar as testuras das pinceladas). Apreciade a metáfora (visual e sonora) da locomotora e aplícadea á vosa práctica artística.
Yume (Dreams) - Cuervos from abZurdo on Vimeo.