Amosando publicacións coa etiqueta Documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Documental. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de maio de 2020

O bombardeo de Güernica

De novo Lucia Rubido nos sorprende cun novo traballo realizado  durante os días de corentena para Historia de España. Imaxinativo, traballado e con contido,como o que fixo sobre España na 1º Guerra mundial .  Ten  de novo os catro puntos como catro rañaceos porque tamén realizou os comentarios ABAU.  Por suposto xa ten garantido o 10 final en Historia de España.


xoves, 23 de abril de 2020

El papel de España en la I Guerra Mundial

Aquí tedes un traballo de Historia de España feito por Lucia Rubido  durante os días de cuarentena. Imaxinativo, traballado e con contido, qué mais lle podemos pedir?... Ten os catro puntos como catro catedrais góticas. Graciñas polo teu esforzo.

xoves, 16 de abril de 2020

domingo, 12 de xaneiro de 2020

Consellos para o documental




Como andades a procura de ideas para o documental -por exemplo Marta- aquí van unhas ligazóns para os vosos documentais. Os primeiros son de Michael Moore, aquel que facía  documentais que definíamos como "de avogado":  Consellos de Michael Moore. Os seus documentais teñen moita difusión e acadaron moitos premios internacionais. Aquí tedes a súa web persoal por si queredes cotillear un pouco.





E na outra cara da moeda tamén van os consellos dun dos mais grandes cineastas que vertebraron toda a súa inmensa obra a partires do persoal -do eu- e segue a ser un dos máis inspiradores creadores audiovisuais no mundo:  Jonan Mekas, falecido no 2019. Aquí podedes visitar a súa web.  Foi o pioneiro do diario filmado e ao longo de 50 anos converteu as súas gravacións persoais e a súa propia vida nunha obra que segue véndose nos principais centros de arte do planeta.
Aqui tedes os Consellos de Jonas Mekas

domingo, 22 de decembro de 2019

Un documental poeta

Ao mellor algúns ides aproveitar as vacacións para idear e producir o voso docu. Xa sabemos que faltan por explicar contidos do universo da non ficción, mais pareceume interesante traer aquí esta fermosísima peza realizada en 1992 polo ourensán Toño López (cando tiña 18 anos) cunha cámara doméstica nunha fin de semana que foi visitar a un familiar nun pequeno pobo ao norte de Madrid. Ao final utilizou un poema de Antonio Machado para cementar todo o que gravou naqueles días. Unha reflexión sobre o paso do tempo e a morte, nun percorrido polo camiño da vida e da auga. O documental poeta –máis ben un videopoema- aporta imaxes de gran beleza, asociacións visuais e iconografía sobre o devalar do tempo. Unha pequena xoia que levou o Premio INJUVE 1996 e selección oficial no V Festival Internacional de video Cidade de Vigo (1994). Recoñezo que é unha pequena gran peza, que a min particularmente encántame a pesares da falta de medios técnicos e a xuventude e inexperencia do seu autor, hoxe un profesional moi competente no audiovisual galego (Matalobos, Luci, Galegos no mundo, Auga seca  ec) e  viaxeiro impenitente. Lémbrovos que tiña a vosa idade cando fixo este video.
El camino del agua from Toño Lopez on Vimeo.

xoves, 19 de decembro de 2019

Buñuel no labirinto.

Falamos en clase de "Tierra sin pan" de Luis Buñuel como un exemplo de documental-avogado. Un documental  estremecedor - producido co diñeiro do premio da Lotería dun amigo- sobre a situación das xentes de Las Hurdes en 1933, en plena 2º República. Un filme  que serviu para algo, pois remexeu as conciencias das autoridades da súa época. Despois do escándalo da súa película surrealista "A idade de ouro"(vimos un fragmento en clase). Buñuel topou refuxio nun documental de referencia na historia do cine. Tamén vos estades a facer o mesmo pasando das vangardas ao documental.
Por iso resulta tan insólito o proxecto extremeño "Buñuel en el laberinto de las tortugas, unha película de animación dirixida por Salvador Simó sobre o proceso de producción  de "Tierra sin pan" e baseada nunha novela gráfica de Fermín Solís publicada pola editorial Astiberri. (na biblioteca do cole).A película non deixou de recibir premios dende a súa estrea no 2019, un dos mais importantes foi a de mellor longametraxe de animación europea. De seguro que leva o Goya á mellor animación no 2020. Si queredes saber máis sobre esta singular película de animación, podedes ler o artigo "Cuando Luis se convirtió en Buñuel," (ou pillala no ordenador de clase).
Aquí tedes trailer do proxecto:

Ao mellor é posible que despois de coñecer que hai xente que se tomou tantas molestias (facer  un comic ou producir unha película de animación) por un simple documental, teñades máis interés en velo; pois aquí o tedes:

martes, 17 de decembro de 2019

Quén me pode conseguir esta pelìcula?

Levo tempo tras dunha película canadiense. O título orixinal é "Kabloonak"  (“extranxeiro” en lingua inuit), mais en España estreouse como "Mis aventuras con Nanuk el esquimal". A película recrea a rodaxe do que será considerado o primeiro documental, (O Ciudadano Kane dos documentais), como xa contamos en clase. No docu cóntase a convivencia do seu director Robert Flaherty cunha familia esquimal durante máis dun ano. Alguén  pode conseguir unha copia dobrada ou subtitulada en castelán?. Veña... sei que é dificil, mais súbolle un punto na avaliación. Aquí vai o trailer orxinal:

E aquí o afiche do filme
Resultado de imaxes para MIS AVENTURAS CON NANUK EL ESQUIMAL




luns, 16 de decembro de 2019

A polos documentais ¡

A estas alturas deberíades estar xa matinando sobre os vosos documentais ou filmes de non ficción. Xa está subida a presentación na Pestaña "Materiais de clase". Para completar que andamos a explicar nestes días recoméndovos que leades este artigo publicado na web "Tras la cámarasobre o grandísimo documentalista Cris Marker titulado: "7 Documentales de Chris Marker disponibles en Youtube que cambiarán tu modo de ver la historia en el cine". Sobre Chris Marker (1921-2012), escritor, fotógrafo y director de cine galo falamos no tema das vangardas, cando vimos fragmentos de "La Jetté", un filme experimental realizado con fotografías en 1962
La Jetée, (1962) Chris Marker from LADA on Vimeo.
Botádelle un ollo aos seus filmes que corroboran, o que tantas veces falamos en clase sobre o xénero de non ficción: o acto de creación mais libre que se pode facer no cinema.
E para facer boca, aquí tedes dous clásicos. O primeiro é "Toda a memoria do mundo" Ese é o título dun sinxelo, mais marabilloso documental dirixido en 1956 polo gran cineasta francés Alain Resnais. Nel faremos un percorrido por unha biblioteca, a Biblioteca Nacional Francesa, mais tamén están presentes a cultura, a memoria, o pasado, e ata a felicidade. A cámara hiperactiva do director contou coa colaboración de xente que xa ides coñecendo polo que falamos en clase como Agnès Varda ou Chris Marker. Encántame o título:"Toda a memoria do mundo"


toda la memoria del mundo from kid limbo on Vimeo.
E de segundo prato unha marabilla made in Galicia. Un dos documentais mais relevantes do cinema galego de todos os tempos. Gostaríame que falárades en clase  sobre esta biografía do carro. Aí vai.. sen mais comentarios. Unha viaxe polo tempo.
9173 - O Carro e o home from Editorial Teide on Vimeo.

domingo, 1 de decembro de 2019

O ollo é a cámara

Xa notaríades en clase o moito que me mola o gran cineasta ruso Vertov.  Aquí tedes un bó microdocumental para reforzar un pouco mais qué significa o "cine ollo"  En Internet toparás con moito material sobre este cineasta fundamental da historia do cine.

 

E se queredes ver outra proeza de Vertov e tedes paciencia ou curiosidade, botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, osadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.

martes, 19 de novembro de 2019

Mahler e a chanfaina

Vendo a práctica sonora de Miguel Piñeiro sobre a tortilla española non puiden evitar lembrarme doutro vídeo gastronómico, neste caso realizado polo gran cineasta Marcos Nine. Marcos ilustra o proceso de construcción do popular plato da chanfaina cunha grandiosa música de Gustav Mahler. Aqui tedes a peza:

"Hamada" no Duplex

Dende hoxe proxéctase no Duplex de Ferrol a estupenda película de Eloy Domínguez, "Hamada". Xa vola recomendei en clase dabondo. Hamada é una viaxe luminosa ao deserto do Sáhara, unha viaxe na que hai humor, poesía, aventura e tamén  un discurso sobre  moz@s que viven no cú do mundo sen un futuro á vista. Se me ocurren moitas razóns para que vexades este filme que ten acadado unha morea de premios nos máis prestixiosos festivais do mundo. A mais relevante é que se vos vai pasar nun suspiro e que de seguro vaivos sorprender. Cambiará a vosa percepción no Sáhara para sempre. Aquí tedes o trailer.


Aquí podedes ver tamén a peza que Eloy realizou para a Chanfaina lab do 2017. Aquí está a ficha e a curta "Soli soli":

luns, 21 de outubro de 2019

A sabiduria de John Berger

Fai agora un par de anos -2017-  faleceu John Berger escritor, crítico de arte y pintor británico a quen reverenciaba con admiración. Penso que teño pola casa gran parte dos seus libros, ensaios e novelas, especialmente "Puerca tierra" e "Modos de ver", texto de referencia básica para a historia da arte e manual obrigatorio nos IES de arte  británicos."Ninguen´como él escribiu sobre as artes" (Manolo Rivas). É imposible non quedar fascinado pola intelixencia que destila cada unha das súas obras. Para achegarvos a súa figura, aquí tedes todos os capítulo da serie documental da BBC (subtitulados) "Modos de ver" que influiu poderosamente na crítica e a historia da arte. Nel tamén se fala do cinema e moitos conceptos dos que falamos en clase. Non o perdades, porque vos sirve tamén para as materias de historia da arte e Fundamentos e sobre todo para entender mellor o mundo que vos rodea..Polo menos mirade os primeiros cinco minutos do episodio 1º


Modos de ver (Ep. 2)
Modos de ver (Ep. 3)
Modos de ver (Ep. 4)