Amosando publicacións coa etiqueta musica e cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta musica e cine. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de marzo de 2020

El ingenio de los videoclips musicales

Buenos días, tardes o noches!


Todos sabemos lo que es un videoclip, no? Típica cortometraje con un aspecto promocional para una canción en la que la inmensa mayoría son gente bailando al ritmo de la música o que muestran un pequeño espectáculo incluyendo siempre al cantante.

Bueno, pues hoy os traigo algo diferente a lo que podéis entender como videoclip, características o técnicas que no son para nada comunes en estos.

El primero que os traigo es Breezeblocks! De alt-J:




Este videoclip se caracteriza principalmente por que literalmente está invertido. Y lo mejor de todo es que se puede entender perfectamente la historia que cuenta aunque esté ordenado al revés y mantiene las reglas de la continuidad a la perfección.

A continuación traigo The Mind Electric! De ミラクルミュージカル (que por cierto se puede traducir al español como "milagro musical"):

¡Advertencia!
Este videoclip contiene flashes y cambios de color muy bruscos, si tienes tendencia a experimentar ataques epilépticos NO veas el vídeo. 
No quiero a nadie en el hospital y que después  me manden la factura.


Este videoclip destaca sobre cualquier otro por su simpleza pero a la vez complejidad, me explico: en este ejemplo también va al revés, pero solo la primera mitad, que en realidad es la canción entera invertida (incluyendo la música). En la otra mitad es la canción en su orden normal. Otra cosa que lo caracteriza es su único uso del texto y el color para hablar al espectador. No hay figuras humanas, no hay ningún escenario ni nada que puedan asociar nuestros ojos; pero a la vez es capaz de transmitirnos sentimientos con ese texto rítmico y simple.

Nuestro siguiente videoclip es Lost The Game! De Two Feet:


Este videoclip también solo hace uso del texto como efecto visual, pero mucho más exagerado. Lleno de efectos visuales jugando con el texto de mil y una maneras de formas muy extravagantes. Y como el anterior, usando el color.

Ahora toca algo que sí se acerca más a lo que comúnmente entendemos como videoclip, pero no. BANG! De AJR:


En este caso nos encontramos con ni más ni menos que un plano secuencia! Y muy interesante además porque solo hay un tipo de movimiento, de delante a atrás. Cabe destacar el fantástico trabajo que ha hecho el director artístico con la ropa de los actores.

El siguiente ejemplo que os voy a poner ahora es otro plano secuencia. Hand me my Shovel, I'm Going In! De Will Wood:



Este vídeo se caracteriza por su gran extravagancia en el decorado pero sobre todo por esa lente de ojo de pez que distorsiona todo el vídeo. Sin duda es algo bastante innovador y estoy seguro que si miras a diferentes partes del vídeo cada vez que lo ves encuentras cosas en las que no te habías fijado.

Y que tal animaciones? The Wolf. De SIAMÉS:


Podría escribir un artículo a parte de esta maravillosa animación creada por Rudo Company, pero no lo haré. Como principal característica podemos destacar el inteligente uso de tan solo tres colores, siendo la mayor parte de la animación en blanco y negro. Un vídeo con constante dinamismo y que no aburre aunque lo veas una y otra vez. Una estética y animación bastante innovadoras a mi parecer.

Por último quiero mostraros algo de lo más raro que he podido encontrar. Little Pistol. De Mother Mother:


Este inusual videoclip que mezcla gran cantidad de imágenes de diferentes ámbitos. Relaciona imágenes de hasta un investigador a la ladera de un volcán activo hasta Jesucristo siendo atropellado por un bus o incluso dibujos animados de hace un siglo. Según el director del vídeo (Elia Petridis), el vídeo trata sobre la física cuántica, los fractales y como la consciencia y el universo están y siempre estarán interconectados.


Eso es todo por hoy. Gracias por leer!

David.

martes, 19 de novembro de 2019

Mahler e a chanfaina

Vendo a práctica sonora de Miguel Piñeiro sobre a tortilla española non puiden evitar lembrarme doutro vídeo gastronómico, neste caso realizado polo gran cineasta Marcos Nine. Marcos ilustra o proceso de construcción do popular plato da chanfaina cunha grandiosa música de Gustav Mahler. Aqui tedes a peza:

xoves, 14 de novembro de 2019

Compoñer música para o cinema

Seguimos a volta co asunto  da creación das bandas sonoras. Decides que non tedes tempo para nada, mais ao mellor nun día festivo @s interesad@s neste tema queredes aprender algo mentres estades no sofá, sen saber moito qué facerou se aproxima o exame de Cultura Audiovisual e queredes repasar pola vía rápida... Nese caso, aquí tedes un magnífico documental, "La gran partitura" , producido pola BBC inglesa sobre as relacións entre a música e cinema. Neste primeiro capítulo Neil Brand amosa cómo compositores de orixe europea como Max Steiner e Erich Wolfgang Korngold aportaron novas ideas para obras mestras de Hollywood como King Kong e The Adventures of Robin Hood. Ou cómo Bernard Hermann, aportou un son mais oscuro e moderno a algunhas das mellores películas do cine, coas súas partituras para Cidadán Kane, Psicosis ou  Taxi Driver. Tamén inclúense no docu outros cineastas e compositores como Martin Scorsese e Hans Zimmer, compositor de éxitos de taquilla como Gladiator, Origen e os filmes de Marvel.


E non perdades a terceira parte coa mirada posta na música electrónica  dende os primeiros usos de curiosos instrumentos como o Theremin. o Trautonium e os primeiros sintetizadores en filmes como "Los pájaros",  ata a traxectoria de compositores música electrónica como Vangelis e Clint Mansell.

martes, 12 de novembro de 2019

Tres grandes compositores de BSO

Para sedimentar ben algunhas ideas sobre as BSO e o cinema, aquí van tres videos ben diferentes sobre outros tantos grandes compositores no cinema. O primeiro vai sobre HANS ZIMMER un dos compositores máis sobresaientes de Hollywood, apodado por parte da crítica como «o omnipresente Zimmer» (Piratas do Caribe, Cabaleiro escuro, Intrerestelar, El rey Leon, Batman, Wonder Woman, etc).


O segundo é un audio que acompaña este magnifico resumo sobre JOHN WILLIANS (Indiana, Jones, Star war, Jurassic Park Harry Potter, Tiburón, ET, etc...                                                  
   
                                                                AUDIO

E para rematar, o inmenso BERNARD HERRMANN,  músico dalgúns dos mellores filmes de  Alfred Hitchcock, (por exemplo Sicosis) , introdúcenos de cheo no misterio de Vértigo dende os títulos de crédito.  






luns, 11 de novembro de 2019

Música prescindíbel e silencio sonoro

Estamos co tema do espazo sonoro e a función da música no cinema. Aquí tedes tres pezas para ilustrarse. Os dous primeiros van sobre a música aplicada ao universo Marvel. Como se trata de filmes que coñeceredes ben,-por formar parte da vosa infancia e mocidade- paréceme interesante que lles botedes un ollo (ou dous).



Mais houbo algún critico disconforme con esta mirada sobre a música no cine e respostou con este video que pon a caldo -literalmente- a Hans Zimmer..



Alguhna opinión?

O segundo vai sobre o uso creativo do silencio nos filmes de Martin Scorsese, para que lle perdades o medo ao silencio nas vosas pezas..

xoves, 7 de novembro de 2019

Unha banda sonora que viola a mente

   
 Bó día!
Nestes días estamos a falar na clase sobre os sons, e mencionamos tamén as bandas sonoras. Fai un tempo, na clase de análise musical do conservatorio puxéronnos este vídeo, que resultou ser moi interesante. Analiza a banda sonora da película ´´ El Señor de los Anillos´´, e explica como funciona, como as melodías ou motivos aparecen en diferentes partes da película e o por qué diso. Pode resultar un pouco longo xa que dura case vinte minutos pero se tedes un rato entre exame e exame resulta ser moi entretido. Espero que vos guste:)



mércores, 30 de outubro de 2019

Máis curtas "sonoras"

Nestes días poñeremos aquí exemplos diversos e sinxelos para inspirarvos na vosa práctica sonora. Hoxe traemos dúas pezas realizadas no marco da Chanfainalab en San Sadurniño e gravadas nun día. O primeiro é  "Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe",  unha divertida proposta de Brais Breijo, un mozo de San Sadurniño utilizando as paisaxes do seu pobo como soporte para  filmes e series de TV de Hollywood: Os filmes que "saen" son: "O señor dos aneis", "Xogo de Tronos"," Mulleres desesperadas", "Harry Potter", "Downton Abbey" e American Horror Story". Que vos preste.

 O segundo puxémolo en clase, mais vai de novo; é unha peza de Cristina de la Torre cunha banda sonora que chega a alterar profundamente o significado das imaxes na montaxe sonora. O seu título é "SANSA", un documental orixinal e divertido no que Cristina rexistra ata cinco eventos "sociais" da intrahistoria dunha fin de semana en Sansa: unha voda civil, o pleno municipal dos sábados, a misa dominical de Naraío, un partido de fútbol e o xantar d@s cineastas da Chanfainlab en Bardaos. A alteración dos tempos na montaxe e os audios encabalgados nos diferentes eventos, vanlle engadindo sorprendentes significados e lecturas a canto vemos ou escoitamos, mais sempre dende o respecto e agarimO

domingo, 27 de outubro de 2019

Do son á imaxe (moi recomendabel)

Música Doméstica é unha curta elaborada por Alfonso Merino, un estudante de comunicación audiovisual de Vigo. Foi o premio con Certame Olloboi no 2014. Con este traballo pensou en dar a volta á orde na que normalmente se “constrúen" as películas, e partir do son no canto de na imaxe. Alfonso aproveitou os seus coñecementos de música para “compoñer” un tema rítmico cos sons da casa na que vivía. Escolleu obxectos e gravounos mentres soaban, fixo unha pista de audio sen imaxes mesturando os distintos sons e por último engadiu as imaxes. Na maioría das películas a banda sonora (diálogos, música e efectos) traballa para complementar as imaxes: neste caso a banda sonora é a protagonista e as imaxes serven simplemente para que se poida identificar a fonte de cada son, e de paso amosar que se pode facer música con calquera cousa das que temos tod@s pola casa: papeleiras, portas, caixóns, etc…
Non deixedes de velo, que seguro vai a molarvos.
Música Doméstica from Olloboi on Vimeo.