Amosando publicacións coa etiqueta Vangardas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vangardas. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de xaneiro de 2020

Arte e publicidade

Unha das fontes de inspiración dos creativos publicitarios é o mundo da arte. Aquí van  catro exemplos. No primeiro podemos recoñecer a Sorolla, Gaudí, Picasso, Dalí, D. Quijote, ou García Lorca



Vermeer



Leonardo da Vinci


E o propio espazo do Museo do Louvre.


Tamén deixo un artigo que ao mellor vos interesa sobre 30 campañas publicitarias inspiradas en grandes obras de arte En fin estaría encantando de que puxérades aqui outros spots relacionados coa historia da arte pasada ou presente.

sábado, 25 de xaneiro de 2020

Mais expresionismo abstracto

Xa anotamos nas vangardas e un nota deste blog sobre as relacións das vangardas e a publicidade . Como andades a programar a excursión, ao mellor interésavos ese anuncio sobre expresionismo abstracto. Admítense comentarios.


 E aqui tedes os mellores anuncios do ano 2017 segundo a crítica especializada do Festival de Publicidade El sol.

martes, 21 de xaneiro de 2020

Mellores spots dirixidos por directores de cine

Son moitos os grandes directores de cine que realizaron e siguen a realizar spots publicitarios. Xa o pioneiro Georges Méliès, facía insercións publicitarias mediante a utilización dun simple cartón onde se debuxaba ou escribía o nome do produto. O gran director de cine sueco Ingmar Bergman en 1951 anunciaba xabrón para Unilever.



Víctor Erice o facía con Nescafé

o iconoclasta Godard

 Mais tamén David Fincher, Michael Mann,Jean-Pierre Jeunet, David Lynch, Wim Wenders, John Woo, M. Night Shyamalan, Ridley Scott, Sofia Coppola,Martin Scorsese, Darren Aronofsky, Roman Polanski,Wes Anderson, Álex de la Iglesia, Alejandro Amenábar, Icíar Bollaín, Juan Antonio Bayona etc etc.
Tes todos estes spots a golpe de clic aquímellores spots publicitarios dirixidos por un director de cine

domingo, 12 de xaneiro de 2020

Consellos para o documental




Como andades a procura de ideas para o documental -por exemplo Marta- aquí van unhas ligazóns para os vosos documentais. Os primeiros son de Michael Moore, aquel que facía  documentais que definíamos como "de avogado":  Consellos de Michael Moore. Os seus documentais teñen moita difusión e acadaron moitos premios internacionais. Aquí tedes a súa web persoal por si queredes cotillear un pouco.





E na outra cara da moeda tamén van os consellos dun dos mais grandes cineastas que vertebraron toda a súa inmensa obra a partires do persoal -do eu- e segue a ser un dos máis inspiradores creadores audiovisuais no mundo:  Jonan Mekas, falecido no 2019. Aquí podedes visitar a súa web.  Foi o pioneiro do diario filmado e ao longo de 50 anos converteu as súas gravacións persoais e a súa propia vida nunha obra que segue véndose nos principais centros de arte do planeta.
Aqui tedes os Consellos de Jonas Mekas

mércores, 11 de decembro de 2019

Eloy no Cole

Moitas grazas a tod@s pola vosa atención e "saber estar" na charla de Eloy Enciso. Unha honra telo connosco. Moita sorte para "Longa noite" polos cinemas do mundo
te a

Abstración e publicidade

Puxemos en clase algúns exemplos dos grandes cineastas alemanes da vangarda abstracta. Neste caso, deseguida toparon unha aplicación práctica das súas innovacións: a publicidade. Aquí tedes un par de exemplos relacionados cos primeiros spots publicitarios para cinema de hai 100 anos. Walter Ruttmann naceu en Alemania; estudou arquitectura e pintura; traballou como deseñador gráfico. A súa carreira cinematográfica comezou hai cen anos realizando curtametraxes abstractos.  Ruttmann agrandou a linguaxe do cinema con novas técnicas formais. Foi ademais pioneiro na elaboración de spots publicitarios para as rodas Excelsior en 1921


Ou tamén Der Aufstieg,  a promo dunha feira en Düsseldorf.

venres, 6 de decembro de 2019

"Longa noite" nos Duplex

Esta fin de semana estréase nos Duplex "Longa noite" de Eloy Enciso. O martes 10 coñeceredes a Eloy, o seu director na clase de Cultura Audiovisual. Xa comentamos que poderíamos encadrar esta peli entre as vangardas contemporáneas. O seu paso por Locarno, Toronto, Sevilla ou Nova York  o acreditan. É un broche de ouro para finalizar este mes no que tanto falamos das formas audiovisuais e artísticas que non siguen as normas narrativas do realismo e do cine mainstrean. Estades preparad@s para vela e entendela: Unha película nocturna e sonámbula, tecida con fantasmas encarnados en actores e actrices non profesionais; cos ronseis de escritores e poetas na noite negra do franquismo. "Construir pensamento a partires da forma" . Aqui tedes o trailer:

Algunhas críticas:
Eloy Enciso se adentra en las tinieblas de la dictadura franquista (El Pais); Una bofetada de memoria y rabia (El Pais); Eloy Enciso: «Quería mostrar cómo funciona un sistema totalitario» (El mundo);
A estrea de 'Longa noite' prolonga o bo momento do cinema galego (Praza). Un viaje poético a las miserias de la posguerra española (TVE), “En España, por herdanza do franquismo, existe unha sospeita continuada á cultura en xeral, Sombra y memoria de la posguerra. (La razón)
Resultado de imaxes para longa noite
E xa para rematar aquí tedes unha das súas primeiras curtas: "Funk The Wheel", realizada aos 26 anos como estudante na Escuela Internacional de Cine y Televisión de San Antonio de Baños en Cuba (2001). Por certo, o mozo que interpreta a Rocco é o tamén estudante Mauro Herce director de fotografía de "O que arde" ou "Mimosas" de Oliver Laxe e de todas as pelis de Eloy Enciso (Pic-nic, Arraianos).

mércores, 4 de decembro de 2019

Jan Svankmajer


Fai uns días atopei a este cineasta na rede, chámase Jan Svankmajer e a súa temática basease no surrealismo asi que recordoume ao que estamos vendo en clase sobre as vangardas. Botádelle un ollo



martes, 3 de decembro de 2019

“Toque vanguardista”

Me mandaron esta canción y al ver el videoclip me llamó la atención su toque ...¿vanguardista?https://youtu.be/BqnG_Ei35JE

Un creador xenial

No comezo do curso (agás este ano), fago unha enquisa aos alumn@s sobre diversas cuestións relacionadas co cinema. Case sempre hai un par de preguntas que ninguén é capaz de respostar. Unha delas é quén era Serguei N. Eisenstein, un dos cineastas mais interesantes do tema das vangardas que acabamos de rematar. Non perdades este breve video en Días de cine sobre a súa obra. Hai quen pensa que o aporte de Eisenstein á historia do cinema é comparable ao de Leonardo da Vinci no Renacimento. Entre as moitas innovacións que aportou á linguaxe cinematográfica destaca de xeito singular o concepto "montaxe de atraccións" e moi especialmente a montaxe intelectual que son "xogos de asociacións de imaxes máis ou menos arbitrarias que debían conducir psicolóxicamente (...) no espírito do espectador cara conceptos e despois, cara ideas preestablecidas polo cineasta". Un mecanismo moi utilizado hoxe na publicidade e na propaganda política. Aquí tedes unha peza que desenvolve un pouco o concepto.



Co gallo do 120 aniversario do nacemento do xenial cineasta ruso (22 de xaneiro de 1898), numerosos medios de comunicación rememoraron a pervivencia do seu legado. Iso demostra que estamos diante dunha figura clave da cultura contemporánea.
E a lembranza de Google 22-1-2018

luns, 2 de decembro de 2019

Botade unhas risas.. ho.

E como xa estamos ao final do tema das vangardas aí vai un exemplo de "cinema de apropiación",  para botar unhas gargalladas agora que xa rematamos coa 1º avaliación.



Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.

domingo, 1 de decembro de 2019

O ollo é a cámara

Xa notaríades en clase o moito que me mola o gran cineasta ruso Vertov.  Aquí tedes un bó microdocumental para reforzar un pouco mais qué significa o "cine ollo"  En Internet toparás con moito material sobre este cineasta fundamental da historia do cine.

 

E se queredes ver outra proeza de Vertov e tedes paciencia ou curiosidade, botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, osadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.

xoves, 28 de novembro de 2019

Vanguardias (Expresionismo)

 Drácula ha sido un personaje que ha perdurado a lo largo de los siglos, su leyenda continúa. Un clásico en el cine mediante el cual se basan en este personaje tan popular es "Nosferatu" una película creada por Murnuau dentro del movimiento expresionista.

 A continuación os dejo un vídeo bastante completo que nos habla con gran detalle sobre las características de esta película incluyendo también datos sobre el autor y curiosidades:



Lembranza do cinema impresionista

Algunha de vos díxome que o impresionismo era a vangarda que menos lle interesaba. Sen embargo no seu tempo acadou gran prestixio. Nacida como as demais despois da 1ª Guerra Mundial, os franceses toparon un xeito de competir coa industria hollywoodiana. Abel Gance, Louis Delluc, Germaine Dulac, Marcel L’Herbier ou Jean Epstein, propoñen na montaxe rìtmica e na fotoxenia unha maneira propia de contar historias que deixaron un ronsel ata os nosos dias. Aqui tes unha completísima información sobre o cinema impresionista. E un par de videos sobre o movemento.

.






martes, 26 de novembro de 2019

A voltas coa xeometría

Agora que estades matinando xa nas Vangardas, botádelle un ollo a este video. Vaivos sorprender e divertir. Os pintores cubistas non ían tan descamiñados... (Activa os subtítulos)

luns, 25 de novembro de 2019

Na procura do surrealismo

Pode ser que nestes días algúns andedes na procura de  ideas para os vosos traballos, e algúns/has estedes obsesionad@s co extraordinario e o onírico. Aquí tedes dez exemplos de filmes surrealistas? para que vos inspiredes. Está realizada por un youtuber peruano. Algunha non corresponde exactamente co que falamos en clase, e mesmo son filmes mais ben horrendos; Están aí para a vosa inspiración e debate. O que sí é relevante e mirar os filmes recomendados nos apuntes do tema. Podedes incorporar novos títulos e propostas ao voso gusto. Admítense suxerencias.
 
 O que estaría moi ben -si é que apostades por un filme surrealista- é traballar co "voso" propio material, ese que vive nos vosos miolos ou no corazón. As veces, o máis inquietante pode agocharse no cotián, como nestas pequenas pezas que abordan a frustración a partires de situacións habituais que todos vivimos algunha vez.
UNSATISFYING from PARALLEL STUDIO on Vimeo.
Ou esta outra peza que pivota sobre o absurdo.
Preposterous - A short about absurdity from Florent Porta on Vimeo.

domingo, 24 de novembro de 2019

Máis expresionismo

Nestes días estamos a ver que o estilo expresionista deixou unha gran pegada no cinema ao longo do tempo, pois está moi presente aínda, como un xeito de esaxerar os sentimentos ou emocións dos protagonistas, mediante decorados estilizados, ou a utilización das luces e sombras marcando a narración. Aquí tedes un marabilloso exemplo dunha pelicula española que de seguro non vos soa, mais que recomendo que lle botedes un ollo: La torre de los siete jorobados (1944) do grande Edgar Neville. A secuencia conduce ao espectador a unha especie de cidade subterránea baixo Madrid.
"LA TORRE DE LOS SIETE JOROBADOS", EDGAR NEVILLE, 1944 from Shangrila Textos Aparte on Vimeo.

E xa nun plano mais divertido podedes ver unha aplicación máis contemporánea do expresionismo  e que vos sirva de inspiración.

E por ultimo, qué relación existe entre Bob Esponja, Nosferatu e o Expresionismo alemán?.

venres, 22 de novembro de 2019

Expresionismo e cine negro

Unha boa parte dos técnicos, artistas e directores do cinema expresionista alemán tiveron que emigrar do seu pais co trunfo de Hitler e o nazismo a partires de 1933. O pais escollido foi EEUU e Hollywood o seu lugar de traballo. Moitas das técnicas e invenciones narrativas do gran cine alemán integráronse no sistema de representación (mainstream) de Hollywood, nomeadamente nalgúns dos seus xéneros cinematográficos como o cinema negro ou thriller.


Nestes catro clips breves producidos pola plataforma Filmin, poderedes comprobalo coa comparativa de "M, el vampiro de Dusseldorf" (1931) e "Mientras Nueva York duerme" (1956) de Fritz Lang,

mércores, 20 de novembro de 2019

Queen en Metrópolis.


O outro día mentres viamos parte da película Metrópolis (que está na miña lista de películas que ver) do destacado cineasta do expresionismo alemán Fritz Lang, deime conta de que o que estaba a ver era ovideoclip da canción ``Radio Ga Ga´´de Queen. Pareceume curioso como se ve influenciado este grupo que todos coñecemos polas vangardas e como á súa vez influéncianos a nós, xa que eu por exemplo non vira a película pero si a coñecía en certa maneira polo videoclip de Queen. Espero que vos guste:)

domingo, 17 de novembro de 2019

Tim Burton e o expresionismo

Como xa estamos a falar na clase das vangardas cinematográficas, nada mellor que comezar cun dos vosos directores favoritos, Tim Burton. . Neste video fica patente a débeda co expresionismo alemán ao longo de toda a súa filmografía.: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto  (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene). De seguro que vai a gustarvos.



O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...