Algunhas críticas: EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron, O xogo coa realidade de ‘Eroski Paraíso’ E si queredes saber máis podedes seguir a súa conta de Instagram
sábado, 14 de decembro de 2019
Eroski Paraíso no Duplex
Xa comentamos varias veces o magnífico momento que está a vivir o cinema galego. Desde esta fin de semana tedes nos Duplex a moi contundente e fresca "Eroski paraiso" de Jorge Coira e Xesús Ron a ritmo de Dirty Dancing e mesturando documental, ficción e performance. O filme parte dunha multipremiada obra teatral -entra ademais no exame de ABAU- e que tivo 30.000 espectadores. A obra foi construída sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra. Jorge Coira, o seu codirector é un dos cineastas máis versátiles do noso país. Cabe lembrar que é o director dunha das mellores series de TV deste ano: a aclamada "Hierro", que podedes ver na plataforma de Movistar. Aquí tedes o trailer:
Algunhas críticas: EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron, O xogo coa realidade de ‘Eroski Paraíso’ E si queredes saber máis podedes seguir a súa conta de Instagram
Algunhas críticas: EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron, O xogo coa realidade de ‘Eroski Paraíso’ E si queredes saber máis podedes seguir a súa conta de Instagram
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario