En relación co principio da verosimilitude, aludimos na clase ao traballo do grande técnico Emilio Ruiz del Río. Un dos grandes creadores de efectos especiais do cinema español -450 películas- como pintor, decorador ou maquetista e que ten participado en superproducións hollywodienses como "Conan", "Espartaco" "Dune", "Lawrence de Arabia" ou "El cid" entre outras. O seu nome da pleno sentido ao concepto técnico de efectos especiais ás ordes do Director Artístico.
Aquí tedes un fragmento do documental "El último truco" onde podemos apreciar a súa incrible destreza na técnica do cristal pintado (considerado como o mellor do mundo) .
E se vos molou o fragmento podedes ver o documental íntegro nesta ligazón.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario