Seguimos a darlle voltas ao concepto de "encadre" e
"composición". É imprescindible
que asumades que un/unha verdadeir@ artista debe ter unha mirada persoal é
por veces única, independentemente do tema soporte ou historia que aborde. Esa mirada
poderémola identificar a través de diferentes xeitos e mecanismos, un deles será o
encadre e a composición nos diferentes planos que compoñen a narración
audiovisual. O cineasta constrúe fragmentos de realidade -peza a peza,
plano a plano, para completar o puzzle narrativo que debe penetrar na cabeza ou
corazón do espectador. Unha inagotable fonte de inspiración para @s cineastas é analizar cómo encadran os
clásicos da pintura ou fotografía.
Imos comezar por un deles. Trátase de Edward Hopper. Un creador imprescindible que ao longo da súa traxectoria deixou pegada en cineastas tan dispares como Hitchcock, Nicholas Ray, Denis Hopper, Terrence Malick, Coppola, David Lynch, Win Wenders, Sam Mendes ou Almodovar.
Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes degustar moitos cadros do marabilloso pintor estadounidense acompañados pola música do inigualable e inmortal Leonard Cohen
Poucos como Hopper reflicten a soidade da sociedade urbana a través de persoaxes solitarios que miran ao infinito envoltos por unha esmerada composición de luces e sombras en localizacións cotiáns que nunca deixan indiferente ao espectador. Moitos cineastas tiveron a Hopper como fonte de inspiración. Aquí tedes un artigo sobre a sùa influencia no cine moderno. Si lle preguntades ao Sr Google polas relacións entre "Hopper e o cinema", deseguro ficaredes asombrados pola súa figura como inspirador de decorados e imaxes inquietantes...
Podedes buscar "Shirley Visiones De Una Realidad" un filme estreado no 2014 e realizado a partires de 13 pinturas de Hopper. Aquí tedes o trailer:
Para rematar, aconséllovos que miredes esta peza -deseguro vos gustará- sobre a influencia da pintura no cinema de Almodovar, entre os que destaca con luz propia -cómo non- o pintor Edward Hopper . Que vos preste. ..
Pedro Almodóvar’s Obsessions (III): Art from Jorge Luengo Ruiz on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario