O outro día apuntamos algunhas suxestións para
o traballo final de Cultura Audiovisual 2 e falamos da Videopoesía. Hoxe apuntaremos outras posibilidades, como por
exemplo traballar directamente con pinturas concretas ou estilos e formas artísticas
que vos molen para inspirarvos. Durante
o curso publicamos varias entradas sobre a cuestión. Aquí as tedes ao completo.
Volvede a pegarlle un repaso para inspirarvos. Podedes reconstruír un cadro e
aportarlle movemento mediante stop motion, ou utilizar os elementos que tedes
na casa para reformular un estilo determiñado, ou crear unha historia a
partires dun cadro. Do mesmo xeito que
coa videopoesía as posibilidades son infinitas e só dependen da vosa
imaxinación. Outro exemplo aquí: “10 videos musicales inspirados en obras de arte”. Tamen vimos spots publicitarios co mesmo sentido. Este xa o vimos no curso, máis é para lembrar o traballo que procuramos.
Ou este outro con permiso de Angel
Ningún comentario:
Publicar un comentario