xoves, 19 de decembro de 2019

Buñuel no labirinto.

Falamos en clase de "Tierra sin pan" de Luis Buñuel como un exemplo de documental-avogado. Un documental  estremecedor - producido co diñeiro do premio da Lotería dun amigo- sobre a situación das xentes de Las Hurdes en 1933, en plena 2º República. Un filme  que serviu para algo, pois remexeu as conciencias das autoridades da súa época. Despois do escándalo da súa película surrealista "A idade de ouro"(vimos un fragmento en clase). Buñuel topou refuxio nun documental de referencia na historia do cine. Tamén vos estades a facer o mesmo pasando das vangardas ao documental.
Por iso resulta tan insólito o proxecto extremeño "Buñuel en el laberinto de las tortugas, unha película de animación dirixida por Salvador Simó sobre o proceso de producción  de "Tierra sin pan" e baseada nunha novela gráfica de Fermín Solís publicada pola editorial Astiberri. (na biblioteca do cole).A película non deixou de recibir premios dende a súa estrea no 2019, un dos mais importantes foi a de mellor longametraxe de animación europea. De seguro que leva o Goya á mellor animación no 2020. Si queredes saber máis sobre esta singular película de animación, podedes ler o artigo "Cuando Luis se convirtió en Buñuel," (ou pillala no ordenador de clase).
Aquí tedes trailer do proxecto:

Ao mellor é posible que despois de coñecer que hai xente que se tomou tantas molestias (facer  un comic ou producir unha película de animación) por un simple documental, teñades máis interés en velo; pois aquí o tedes:

Ningún comentario:

Publicar un comentario