domingo, 22 de decembro de 2019

Un documental poeta

Ao mellor algúns ides aproveitar as vacacións para idear e producir o voso docu. Xa sabemos que faltan por explicar contidos do universo da non ficción, mais pareceume interesante traer aquí esta fermosísima peza realizada en 1992 polo ourensán Toño López (cando tiña 18 anos) cunha cámara doméstica nunha fin de semana que foi visitar a un familiar nun pequeno pobo ao norte de Madrid. Ao final utilizou un poema de Antonio Machado para cementar todo o que gravou naqueles días. Unha reflexión sobre o paso do tempo e a morte, nun percorrido polo camiño da vida e da auga. O documental poeta –máis ben un videopoema- aporta imaxes de gran beleza, asociacións visuais e iconografía sobre o devalar do tempo. Unha pequena xoia que levou o Premio INJUVE 1996 e selección oficial no V Festival Internacional de video Cidade de Vigo (1994). Recoñezo que é unha pequena gran peza, que a min particularmente encántame a pesares da falta de medios técnicos e a xuventude e inexperencia do seu autor, hoxe un profesional moi competente no audiovisual galego (Matalobos, Luci, Galegos no mundo, Auga seca  ec) e  viaxeiro impenitente. Lémbrovos que tiña a vosa idade cando fixo este video.
El camino del agua from Toño Lopez on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario