martes, 3 de decembro de 2019

Un creador xenial

No comezo do curso (agás este ano), fago unha enquisa aos alumn@s sobre diversas cuestións relacionadas co cinema. Case sempre hai un par de preguntas que ninguén é capaz de respostar. Unha delas é quén era Serguei N. Eisenstein, un dos cineastas mais interesantes do tema das vangardas que acabamos de rematar. Non perdades este breve video en Días de cine sobre a súa obra. Hai quen pensa que o aporte de Eisenstein á historia do cinema é comparable ao de Leonardo da Vinci no Renacimento. Entre as moitas innovacións que aportou á linguaxe cinematográfica destaca de xeito singular o concepto "montaxe de atraccións" e moi especialmente a montaxe intelectual que son "xogos de asociacións de imaxes máis ou menos arbitrarias que debían conducir psicolóxicamente (...) no espírito do espectador cara conceptos e despois, cara ideas preestablecidas polo cineasta". Un mecanismo moi utilizado hoxe na publicidade e na propaganda política. Aquí tedes unha peza que desenvolve un pouco o concepto.



Co gallo do 120 aniversario do nacemento do xenial cineasta ruso (22 de xaneiro de 1898), numerosos medios de comunicación rememoraron a pervivencia do seu legado. Iso demostra que estamos diante dunha figura clave da cultura contemporánea.
E a lembranza de Google 22-1-2018

Ningún comentario:

Publicar un comentario