martes, 18 de febreiro de 2020

·Lúa Vermella"

Hoxe comezou a rular o trailer da nova película de Lois Patiño, "Lúa Vermella". A súa estrea será a final deste mes no Festival de Berlín e chegará ás pantallas en abril. E outro deses filmes do cinema galego que están destiñados a levar a Galicia mais aló das fronteiras.  E o que lle falta a Dani para reescribir o seu artigo cun novo título "Los cinco fantásticos". 
Lois Patiño é un virtuoso da composición e o encadre. Non hai mais que ver este trailer para comprobalo. Cada fotograma é un universo.
Aquí tedes a súa páxina web para coñecer mellor a súa obra

Ningún comentario:

Publicar un comentario