domingo, 2 de febreiro de 2020

Unha axencia española na Super Bowl

Os espazos publicitarios na final da Super Bowl en EEUU son os mais caros do planeta. Este domingo foi o día no que 30 segundos en antena custan... 5.000.000 de euros¡¡¡¡. Para moitas axencias estar aí é un logro profesional de primeiro nivel. Pois hoxe David Mad -guiño a Mad Men- unha axencia española, acadouno cun anuncio da aerolínea Turkish Airlines. A idea básica está baseada no feito de que os estadounidenses non viaxan moito fora das súas fronteiras. O spot foi rodado durante 25 días e nel participan máis de 100 persoas en Europa, Oriente Medio, América e Asia
Aquí tes a historia completa.
E aquí van 20 segundos de anuncio. O spot completo estrease esta noite (2-2-2020).


E hoxe, luns 3-2-2020 vai o spot completo

Ningún comentario:

Publicar un comentario