Ou tamén Der Aufstieg, a promo dunha feira en Düsseldorf.
mércores, 11 de decembro de 2019
Abstración e publicidade
Puxemos en clase algúns exemplos dos grandes cineastas alemanes da vangarda abstracta. Neste caso, deseguida toparon unha aplicación práctica das súas innovacións: a publicidade. Aquí tedes un par de exemplos relacionados cos primeiros spots publicitarios para cinema de hai 100 anos. Walter Ruttmann naceu en Alemania; estudou arquitectura e pintura; traballou como deseñador gráfico. A súa carreira cinematográfica comezou hai cen anos realizando curtametraxes abstractos. Ruttmann agrandou a linguaxe do cinema con novas técnicas formais. Foi ademais pioneiro na elaboración de spots publicitarios para as rodas Excelsior en 1921
Ou tamén Der Aufstieg, a promo dunha feira en Düsseldorf.
Ou tamén Der Aufstieg, a promo dunha feira en Düsseldorf.
venres, 6 de decembro de 2019
"Longa noite" nos Duplex
Esta fin de semana estréase nos Duplex "Longa noite" de Eloy Enciso. O martes 10 coñeceredes a Eloy, o seu director na clase de Cultura Audiovisual. Xa comentamos que poderíamos encadrar esta peli entre as vangardas contemporáneas. O seu paso por Locarno, Toronto, Sevilla ou Nova York o acreditan. É un broche de ouro para finalizar este mes no que tanto falamos das formas audiovisuais e artísticas que non siguen as normas narrativas do realismo e do cine mainstrean. Estades preparad@s para vela e entendela: Unha película nocturna e sonámbula, tecida con fantasmas encarnados en actores e actrices non profesionais; cos ronseis de escritores e poetas na noite negra do franquismo. "Construir pensamento a partires da forma" . Aqui tedes o trailer:
Algunhas críticas:
Eloy Enciso se adentra en las tinieblas de la dictadura franquista (El Pais); Una bofetada de memoria y rabia (El Pais); Eloy Enciso: «Quería mostrar cómo funciona un sistema totalitario» (El mundo);
A estrea de 'Longa noite' prolonga o bo momento do cinema galego (Praza). Un viaje poético a las miserias de la posguerra española (TVE), “En España, por herdanza do franquismo, existe unha sospeita continuada á cultura en xeral, Sombra y memoria de la posguerra. (La razón)

E xa para rematar aquí tedes unha das súas primeiras curtas: "Funk The Wheel", realizada aos 26 anos como estudante na Escuela Internacional de Cine y Televisión de San Antonio de Baños en Cuba (2001). Por certo, o mozo que interpreta a Rocco é o tamén estudante Mauro Herce director de fotografía de "O que arde" ou "Mimosas" de Oliver Laxe e de todas as pelis de Eloy Enciso (Pic-nic, Arraianos).

mércores, 4 de decembro de 2019
Jan Svankmajer
martes, 3 de decembro de 2019
“Toque vanguardista”
Un creador xenial
No comezo do curso (agás este ano), fago unha enquisa aos alumn@s sobre diversas cuestións relacionadas co cinema. Case sempre hai un par de preguntas que ninguén é capaz de respostar. Unha delas é quén era Serguei N. Eisenstein, un dos cineastas mais interesantes do tema das vangardas que acabamos de rematar. Non perdades este breve video en Días de cine sobre a súa obra. Hai quen pensa que o aporte de Eisenstein á historia do cinema é comparable ao de Leonardo da Vinci no Renacimento. Entre as moitas innovacións que aportou á linguaxe cinematográfica destaca de xeito singular o concepto "montaxe de atraccións" e moi especialmente a montaxe intelectual que son "xogos de asociacións de imaxes máis ou menos arbitrarias que debían conducir psicolóxicamente (...) no espírito do espectador cara conceptos e despois, cara ideas preestablecidas polo cineasta". Un mecanismo moi utilizado hoxe na publicidade e na propaganda política. Aquí tedes unha peza que desenvolve un pouco o concepto.
Co gallo do 120 aniversario do nacemento do xenial cineasta ruso (22 de xaneiro de 1898), numerosos medios de comunicación rememoraron a pervivencia do seu legado. Iso demostra que estamos diante dunha figura clave da cultura contemporánea.

- Sergei Eisenstein, el genio ruso del montaje que creó un nuevo cine (La voz de Galicia)
- Sergei Eisenstein, el descubridor del cine como espectáculo de masas (El pais)
- Sergei Eisenstein, de icono del cine soviético a 'doodle' de Google (El mundo)
- Sergei Eisenstein, el padre del montaje en el cine repudiado por Stalin (La vanguardia)
E a lembranza de Google 22-1-2018
luns, 2 de decembro de 2019
Benedicta en los Goya
Siento la calidad de imagen, pero vuelvo de clase y nada mas encender la tele me encuentro con que una de los dos protagonistas de O Que Arde, esta nominada para el Goya de Mejor Actriz Revelacion, necesitaba compartirlo con todos. Mas que merecido!!!
Botade unhas risas.. ho.
E como xa estamos ao final do tema das vangardas aí vai un exemplo de "cinema de apropiación", para botar unhas gargalladas agora que xa rematamos coa 1º avaliación.
Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.
Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.
domingo, 1 de decembro de 2019
El mundo de BTS
El mundo de BTS
Esta entrada es realmente larga y difícil de entender incluyendo los vídeos (por lo menos para mí)
así que recomiendo mirarlo con calma y tiempo.
El otro día hablando con un amigo, salió el tema de música y videoclips. Nos pusimos a hablar y le recomendé el disco WINGS de BTS (Como no). Bajo mi punto de vista es genial y por eso lo quise publicar en el blog.
Este disco está relacionado con una especie de mini película formada por un conjunto de vídeos. Cada uno de los vídeos es una canción del disco (no todas las canciones tienen vídeo) y si los juntamos parecen varias historias con relación entre ellas, pero en realidad es solamente una.
Casi todos los discos de BTS están relacionados con esta historia, así que para entenderlo mejor os dejo unos vídeos al final de la entrada donde lo explican TODO muy bien.
O ollo é a cámara
Xa notaríades en clase o moito que me mola o gran cineasta ruso Vertov. Aquí tedes un bó microdocumental para reforzar un pouco mais qué significa o "cine ollo" En Internet toparás con moito material sobre este cineasta fundamental da historia do cine.
E se queredes ver outra proeza de Vertov e tedes paciencia ou curiosidade, botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, osadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.

Consellos para ter boas ideas
Agora que estades matinando no filme das vangardas, aquí van uns conselliños do gran director David Lynch (Terciopelo azul, Twin Peaks, Mulholland Drive...) "para ter boas ideas". Aquí tedes o artigo completo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)