Seguímoslle dando voltas á composición e a posta en escea. Deume a impresión que vos mola o asunto da pintura no cinema. Aquí tedes unha ligazón con numerosas referenzas para o que queira saber mais e adentrarse na composición, pintura e cinema. E tamén vai unha curiosa selección de fragmentos de filmes no que as obras de arte sirven para caracterizar persoaxes ou situacións da trama dramática. Que vos preste...
Frames Within Frames: How Paintings Matter in Movies from Fandor Keyframe on Vimeo.
Aqui tedes unha explicación dos cadros e dos filmes que saen no video
domingo, 29 de setembro de 2019
xoves, 26 de setembro de 2019
A mirada de Hopper
Seguimos a darlle voltas ao concepto de "encadre" e
"composición". É imprescindible
que asumades que un/unha verdadeir@ artista debe ter unha mirada persoal é
por veces única, independentemente do tema soporte ou historia que aborde. Esa mirada
poderémola identificar a través de diferentes xeitos e mecanismos, un deles será o
encadre e a composición nos diferentes planos que compoñen a narración
audiovisual. O cineasta constrúe fragmentos de realidade -peza a peza,
plano a plano, para completar o puzzle narrativo que debe penetrar na cabeza ou
corazón do espectador. Unha inagotable fonte de inspiración para @s cineastas é analizar cómo encadran os
clásicos da pintura ou fotografía.
Imos comezar por un deles. Trátase de Edward Hopper. Un creador imprescindible que ao longo da súa traxectoria deixou pegada en cineastas tan dispares como Hitchcock, Nicholas Ray, Denis Hopper, Terrence Malick, Coppola, David Lynch, Win Wenders, Sam Mendes ou Almodovar.
Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes degustar moitos cadros do marabilloso pintor estadounidense acompañados pola música do inigualable e inmortal Leonard Cohen
Poucos como Hopper reflicten a soidade da sociedade urbana a través de persoaxes solitarios que miran ao infinito envoltos por unha esmerada composición de luces e sombras en localizacións cotiáns que nunca deixan indiferente ao espectador. Moitos cineastas tiveron a Hopper como fonte de inspiración. Aquí tedes un artigo sobre a sùa influencia no cine moderno. Si lle preguntades ao Sr Google polas relacións entre "Hopper e o cinema", deseguro ficaredes asombrados pola súa figura como inspirador de decorados e imaxes inquietantes...
Podedes buscar "Shirley Visiones De Una Realidad" un filme estreado no 2014 e realizado a partires de 13 pinturas de Hopper. Aquí tedes o trailer:
Para rematar, aconséllovos que miredes esta peza -deseguro vos gustará- sobre a influencia da pintura no cinema de Almodovar, entre os que destaca con luz propia -cómo non- o pintor Edward Hopper . Que vos preste. ..
Pedro Almodóvar’s Obsessions (III): Art from Jorge Luengo Ruiz on Vimeo.
Encadre e cinema
Durante o curso vou ser moi pesado coa teima do encadre e as relacións entre cinema e pintura, mais resulta fundamental que consideredes moi en serio a importancia d composición e a luz nas pezas audovisuais que realicedes para Cultura audiovisual. Gran parte dos cineastas inspíranse na obra pictórica de grandes artistas para logo emocionarnos con imaxes que petan directamente no corazón. Vimos na clase os dous ensaios deste artista e coleccionista de imaxes compulsivo chamado Vugar Efenfi. Aquí vos quedan para que os lembredes:
Film Meets Art from Vugar Efendi on Vimeo.
E ista outra selección:
FILM MEETS ART II from Vugar Efendi on Vimeo.
Film Meets Art from Vugar Efendi on Vimeo.
E ista outra selección:
FILM MEETS ART II from Vugar Efendi on Vimeo.
mércores, 25 de setembro de 2019
Composición, encadre, emoción, beleza e sentido..
Nestes días andamos a matinar nos conceptos do encadre e a composición. Antes de darlle ao "REC" pensade ben -unha e outra vez- qué ides encadrar e cómo. Ao mellor -lamentablemente- seguides pensando que non é importante, mais non será pola miña insistencia repetitiva unha e outra vez na clase. Xustamente é un dos sinais que caracterizan unha mirada profesional e artística ante o refugallo de imaxes que pululan pola rede. Si queredes que as vosas fotos e videos impresionen aos demais, coidade o encadre e a composición. Facede que as imaxes se convirtan en acontecementos estéticos. Cada plano debe ter a beleza e a enerxía dun cadro. Este vídeo ten como obxectivo recordávolo. Botádelle un ollo, porque de seguro ides aprender algo e ao tempo disfrutar de imaxes belísimas e cargadas de sentido.
Mais, a pesares de todo tamén insistimos que as regras tamén están para romperse, -sempre que teñas un obxectivo estético-narrativo claro-, como podes apreciar neste vídeo sobre la serie "Mr Robot". Observaredes que os planos utilizados rachan coa composición convencional, mais aportan moita información e reforzan os sentimentos dos persoaxes (ansiedade, soedade, tensión, irrealidade etc)
Mais, a pesares de todo tamén insistimos que as regras tamén están para romperse, -sempre que teñas un obxectivo estético-narrativo claro-, como podes apreciar neste vídeo sobre la serie "Mr Robot". Observaredes que os planos utilizados rachan coa composición convencional, mais aportan moita información e reforzan os sentimentos dos persoaxes (ansiedade, soedade, tensión, irrealidade etc)
martes, 24 de setembro de 2019
Recomendacións de Daniel
Veño a publicar duas cousas a primeira é un video dos do ano pasado que quería amosaros
E a segunda era una recomendación dunha das miñas películas favoritas é algo antigua pero pode que os guste
Espero que vos guste
Daleies
E a segunda era una recomendación dunha das miñas películas favoritas é algo antigua pero pode que os guste
Daleies
Todos os días o mar.
Deixovos unha das curtas gañadoras de "Vidas Mariñeiras" 2018 na que tiven a sorte de participar con outros sete compañeiros do meu anterior instituto.

click para ver a curta:
http://vidasmarineiras.gal/peliculas
2018- Todos os días o Mar
Espero que vos guste!!

click para ver a curta:
http://vidasmarineiras.gal/peliculas
2018- Todos os días o Mar
Espero que vos guste!!
domingo, 22 de setembro de 2019
Benvid@s á " Cinema Wabisabi"

Pretendemos amosar as creacións dun fato de mozas e mozos que utilizan a imaxe audiovisual como xeito de expresión artística. Estades tod@s invitad@s a participar non só coa creación de contidos, senón tamén en mellorar a aparencia, engadir algún logo ou deseño orixinal, facer comentarios e recomendar filmes, vídeos, libros, cómics, poesía ou música, o que queirades. Podedes modificar o deseño, engadir seccións e novos apartados..etc... Calquera cousa que se vos ocorra. Estaría moi ben que este blog fose un expoñente do que anda polos miolos dun grupo de artistas emerxentes que viven en Ferrolterra. Eu tamén prometo participar en pé de igualdade, coas miñas opinión e aportacións que agardo sexan de utilidade.
Unha aperta agarimosa para tod@s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)