Qué teñades un bó ano... Ainda que agora mesmo pensades que sodes inmortais, lembrade que o tempo pasa nun suspiro. Aquí volo conta o artista Sergi Cadenas.
Si queredes saber máis sobre o proceso aquí tedes máis información.
domingo, 29 de decembro de 2019
xoves, 26 de decembro de 2019
"A primeira curta de.." Steven Spielberg
Seguindo a serie que andamos a argallar sobre as primeiras curtas de grandes directores, hoxe tócalle o turno ao director fetiche do cinema mainstream Steven Spielberg. Tiña daquela 22 años, en 1968, cando filmou os 25 minutos de 'Amblin', que luego daría o nome á súa produtora. Grazas a este traballo tivo a oportunidade de asinar un contrato de 7 anos con Universal para rodar TV movies, ata que realizou 'Duel', saltou ao cinema y consagrouse con 'Tiburón', o seu primeiro gran éxito.
domingo, 22 de decembro de 2019
Un documental poeta
Ao mellor algúns ides aproveitar as vacacións para idear e producir o voso docu. Xa sabemos que faltan por explicar contidos do universo da non ficción, mais pareceume interesante traer aquí esta fermosísima peza realizada en 1992 polo ourensán Toño López (cando tiña 18 anos) cunha cámara doméstica nunha fin de semana que foi visitar a un familiar nun pequeno pobo ao norte de Madrid. Ao final utilizou un poema de Antonio Machado para cementar todo o que gravou naqueles días. Unha reflexión sobre o paso do tempo e a morte, nun percorrido polo camiño da vida e da auga. O documental poeta –máis ben un videopoema- aporta imaxes de gran beleza, asociacións visuais e iconografía sobre o devalar do tempo. Unha pequena xoia que levou o Premio INJUVE 1996 e selección oficial no V Festival Internacional de video Cidade de Vigo (1994). Recoñezo que é unha pequena gran peza, que a min particularmente encántame a pesares da falta de medios técnicos e a xuventude e inexperencia do seu autor, hoxe un profesional moi competente no audiovisual galego (Matalobos, Luci, Galegos no mundo, Auga seca ec) e viaxeiro impenitente. Lémbrovos que tiña a vosa idade cando fixo este video.
El camino del agua from Toño Lopez on Vimeo.
El camino del agua from Toño Lopez on Vimeo.
"A primeira curta de..".Martin Scorsese
Algunha de vós comentoume que lle gostaría ver as primeiras curtas de grandes directores do cinema Todos tiveron que bregar cos principios da linguaxe cinematográfica antes de surfear libremente pola narrativa audiovisual. Comezamos por un clásico en activo, Martin Scorsese: Taxi driver, Toro salvaje, Uno de los nuestros,El aviador, Infiltrados, La Isla Siniestra, La invención de Hugo, El lobo de Wall Street, etc. Vimos en clase un plano secuencia de "Uno de los nuestros". Nestes días de nadal podedes ver en Neflix a magnífica "El irlandés". Pois ben, Martin tiña 20 anos cando dirixiu esta peza de 9': "What's a Nice Girl Like You Doing in a Place Like This?" (comezaba a estudar na New York University). Pódense ver xa algúns toques do seu estilo persoal como o uso de voz en off, montaxe fragmentada e vibrante con fluídos movimientos de cámara. Podes ver aquí outra das súas curtas de estudante: The Big Shave
Animádevos a buscar e publicar aquí as primeiras curtas dos vosos directores favoritos.
Animádevos a buscar e publicar aquí as primeiras curtas dos vosos directores favoritos.
xoves, 19 de decembro de 2019
Buñuel no labirinto.
Falamos en clase de "Tierra sin pan" de Luis Buñuel como un exemplo de documental-avogado. Un documental estremecedor - producido co diñeiro do premio da Lotería dun amigo- sobre a situación das xentes de Las Hurdes en 1933, en plena 2º República. Un filme que serviu para algo, pois remexeu as conciencias das autoridades da súa época. Despois do escándalo da súa película surrealista "A idade de ouro"(vimos un fragmento en clase). Buñuel topou refuxio nun documental de referencia na historia do cine. Tamén vos estades a facer o mesmo pasando das vangardas ao documental.
Por iso resulta tan insólito o proxecto extremeño "Buñuel en el laberinto de las tortugas, unha película de animación dirixida por Salvador Simó sobre o proceso de producción de "Tierra sin pan" e baseada nunha novela gráfica de Fermín Solís publicada pola editorial Astiberri. (na biblioteca do cole).A película non deixou de recibir premios dende a súa estrea no 2019, un dos mais importantes foi a de mellor longametraxe de animación europea. De seguro que leva o Goya á mellor animación no 2020. Si queredes saber máis sobre esta singular película de animación, podedes ler o artigo "Cuando Luis se convirtió en Buñuel," (ou pillala no ordenador de clase).
Aquí tedes trailer do proxecto:
Ao mellor é posible que despois de coñecer que hai xente que se tomou tantas molestias (facer un comic ou producir unha película de animación) por un simple documental, teñades máis interés en velo; pois aquí o tedes:

"La felicidad de los perros" no Duplex
Esta fin de semana estréase nos Duplex "La felicidad de los perros" do vigués David Hernández. Tratase doutra película galega máis da fecunda racha que levamos neste trimestre. Nesta ocasión, un retrato duro e realista dun home en crise, un home sen futuro, que se aferra á un pasado irrecuperabel e que escapa dun presente que non lle estimula en absoluto. É unha película completamente independiente, que non contou con ningún tipo de apoyo institucional/televisivo ou subvención. Un meritorio esforzo que demostra o compromiso creador de David Fernández despois de moitos traballos no ámbito da ficción, video-clip, documental, fashion film e publicidade coa súa marca Adarme visual.
La felicidad de los perros (trailer) from Adarme Visual on Vimeo.
«La felicidad de los perros»: Excelsa ópera prima
La felicidad de los perros (trailer) from Adarme Visual on Vimeo.
«La felicidad de los perros»: Excelsa ópera prima
martes, 17 de decembro de 2019
Quén me pode conseguir esta pelìcula?
Levo tempo tras dunha película canadiense. O título orixinal é "Kabloonak" (extranxeiro en lingua inuit), mais en España estreouse como "Mis aventuras con Nanuk el esquimal". A película recrea a rodaxe do que será considerado o primeiro documental, (O Ciudadano Kane dos documentais), como xa contamos en clase. No docu cóntase a convivencia do seu director Robert Flaherty cunha familia esquimal durante máis dun ano. Alguén pode conseguir unha copia dobrada ou subtitulada en castelán?. Veña... sei que é dificil, mais súbolle un punto na avaliación. Aquí vai o trailer orxinal:
E aquí o afiche do filme

E aquí o afiche do filme

luns, 16 de decembro de 2019
A polos documentais ¡
A estas alturas deberíades estar xa matinando sobre os vosos documentais ou filmes de non ficción. Xa está subida a presentación na Pestaña "Materiais de clase". Para completar que andamos a explicar nestes días recoméndovos que leades este artigo publicado na web "Tras la cámara" sobre o grandísimo documentalista Cris Marker titulado: "7 Documentales de Chris Marker disponibles en Youtube que cambiarán tu modo de ver la historia en el cine". Sobre Chris Marker (1921-2012), escritor, fotógrafo y director de cine galo falamos no tema das vangardas, cando vimos fragmentos de "La Jetté", un filme experimental realizado con fotografías en 1962
La Jetée, (1962) Chris Marker from LADA on Vimeo.
Botádelle un ollo aos seus filmes que corroboran, o que tantas veces falamos en clase sobre o xénero de non ficción: o acto de creación mais libre que se pode facer no cinema.
E para facer boca, aquí tedes dous clásicos. O primeiro é "Toda a memoria do mundo" Ese é o título dun sinxelo, mais marabilloso documental dirixido en 1956 polo gran cineasta francés Alain Resnais. Nel faremos un percorrido por unha biblioteca, a Biblioteca Nacional Francesa, mais tamén están presentes a cultura, a memoria, o pasado, e ata a felicidade. A cámara hiperactiva do director contou coa colaboración de xente que xa ides coñecendo polo que falamos en clase como Agnès Varda ou Chris Marker. Encántame o título:"Toda a memoria do mundo"
toda la memoria del mundo from kid limbo on Vimeo.
E de segundo prato unha marabilla made in Galicia. Un dos documentais mais relevantes do cinema galego de todos os tempos. Gostaríame que falárades en clase sobre esta biografía do carro. Aí vai.. sen mais comentarios. Unha viaxe polo tempo.
9173 - O Carro e o home from Editorial Teide on Vimeo.

sábado, 14 de decembro de 2019
Eroski Paraíso no Duplex
Xa comentamos varias veces o magnífico momento que está a vivir o cinema galego. Desde esta fin de semana tedes nos Duplex a moi contundente e fresca "Eroski paraiso" de Jorge Coira e Xesús Ron a ritmo de Dirty Dancing e mesturando documental, ficción e performance. O filme parte dunha multipremiada obra teatral -entra ademais no exame de ABAU- e que tivo 30.000 espectadores. A obra foi construída sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra. Jorge Coira, o seu codirector é un dos cineastas máis versátiles do noso país. Cabe lembrar que é o director dunha das mellores series de TV deste ano: a aclamada "Hierro", que podedes ver na plataforma de Movistar. Aquí tedes o trailer:
Algunhas críticas: EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron, O xogo coa realidade de ‘Eroski Paraíso’ E si queredes saber máis podedes seguir a súa conta de Instagram
Algunhas críticas: EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron, O xogo coa realidade de ‘Eroski Paraíso’ E si queredes saber máis podedes seguir a súa conta de Instagram
mércores, 11 de decembro de 2019
Eloy no Cole
Moitas grazas a tod@s pola vosa atención e "saber estar" na charla de Eloy Enciso. Unha honra telo connosco. Moita sorte para "Longa noite" polos cinemas do mundo
te a
te a
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)