E sen mais imos
ao choio coas tarefas de Cultura Audiovisual para o mes de MARZO.
CULTURA AUDIOVISUAL 2
O tema do mes de marzo, era o exercicio de continuidade narrativa “De Grifhith a Spielberg”. Quedábame por explicar parte do contido, mais está
todo aquí:
<
De Griffith a Spielberg from Manolo Gonzalez
O Exame de contidos desta presentación queda aprazado (O resumo básico é o tema 3 da ABAU que está aquí.
Tamén considerei interesante adxuntar algúns materiais máis -da miña colleita- tendo en conta que tedes mais tempo para ler. (Adescargar)
Buscando una historia desesperadamente (sobre o proceso de procura de historias)
Escribid, escribid, malditos (sobre a escrita de guión)
Sobre todo preproducción (Fase de preproducción). Desactualizado
Preprodución inmediata /(Fase de gravacion) Desactualizado
Zafarrancho de combate (Equipos de rodaxe). Desactualizado

Xa sabemos que a práctica tiña que ser colectiva e grupal, mais por
razóns obvias non poderá ser
Propoño pois que a fagades individualmente na
casa. Tratase dunha pequena peza con 15 ou mais planos e un par de movementos
de cámara (3-5- minutos) no que demostres que coñeces as regras do cinema industrial e non
cometes erros de gramática e de continuidade (racord, montaxe invisible, iluminación naturalista, verosimilitude, etc).
A)
Podería ser unha historia coa xente da túa
familia, gravada na casa, tendo en conta o que está acontecendo no espazo off
(a cuarentena).
B)
Podería ser unha historia coa técnica de stop motion, realizada con obxectos, recortábeis ou similares.("De Melies a Tim Burton")
C)
Ou fai o que queiras, mais non esquezas
que o importante é que fagas unha peza “clásica”, desta vez sen moita "artistada".
Na medida que fose posible estrenaríamos as vosas creacións dándolle bola nas redes sociais e convertendo cada estrea nun acontecemento.. Non tedes excusa... Poñédevos a filmar XA. Tod@s agardamos as vosas creacións. Prazo: 30 de marzo. Lembrade que a entrega anticipada ten premio
E @s que tedes traballos pendentes poñédevos ao día e así aprobaredes a asignatura.
E por favor escribide no blog o que vos pete. Tamén podedes facer un diario filmado ao estilo Jonas Mekas, que vimos no tema do Documental. Todo ese traballo voluntario estará reflectido na nota..
CULTURA AUDIOVISUAL 1
Xa sabedes o que tedes que facer. Repasar
ben as presentacións e facer un comic que polo menos gane o primeiro premio no festival deAnguleme. Tamen podedes cambiar de
historia e contar o que vos está acontecendo durante a cuarentena. Podemos publicalos neste blog. para animalo un pouco máis... Prazo: 30 de marzo
Aquí están as presentacións para inspirarvos.
4. Relato secuencial (1)
5. Relato secuencial (2). Comic
Aquí están as presentacións para inspirarvos.
4. Relato secuencial (1)
5. Relato secuencial (2). Comic
Ningún comentario:
Publicar un comentario