venres, 15 de maio de 2020

Utopía

Veño facer recomendación dunha serie que estou vendo estes días e que me está gustando un montón tanto a nivel visual que resulta moi chamativa, como a banda sonora e a historia que semella bastante distópica.
Ademais está gratuíta na rede así que compártovos o enlace por aquí https://serie-utopia.wixsite.com/utopia


venres, 8 de maio de 2020

O bombardeo de Güernica

De novo Lucia Rubido nos sorprende cun novo traballo realizado  durante os días de corentena para Historia de España. Imaxinativo, traballado e con contido,como o que fixo sobre España na 1º Guerra mundial .  Ten  de novo os catro puntos como catro rañaceos porque tamén realizou os comentarios ABAU.  Por suposto xa ten garantido o 10 final en Historia de España.


luns, 4 de maio de 2020

Nuevas de Oliver Laxe :)

Hola a todos y a todas, que tal estáis?
Me vuelvo a pasar por aquí porque me he enterado de una noticia muy interesante, es de Oliver Laxe, va a volver a sus raíces.
Bueno, por lo menos a mí me lo parece... Ya que se va a convertir en un vecino de mi tío jiji.
Aquí os dejo la noticia.
https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/sono-oliver-laxe-xa-brota-nos-ancares/202005031503191436528.html

venres, 24 de abril de 2020

Unha cociña, unha peceira e un actor

Un bo exemplo de continuidade narrativa con tres elementos: unha cociña, unha peceira e un actor. Simple, efectivo e con intención


xoves, 23 de abril de 2020

EL VERANO QUE VIVIMOS



Hola chicoos, os dejo por aquí el trailer de "El verano que vivimos ", una película que fue rodada el año pasado en Ferrol por septiembre aproximadamente. Aparecen actores como Blanca Suárez, Javier Rey, María Pedraza y Carlos Cuevas. Y pues eso, aquí lo tenéis para echarle un vistazo, la verdad es que me tiene buena pinta y tengo mucha intriga por ver cómo quedan finalmente las escenas que grabaron aquí. Por lo que sé, grabaron en Canido, cerca del Cantón y en la ermita de la playa de Santa Comba.

El papel de España en la I Guerra Mundial

Aquí tedes un traballo de Historia de España feito por Lucia Rubido  durante os días de cuarentena. Imaxinativo, traballado e con contido, qué mais lle podemos pedir?... Ten os catro puntos como catro catedrais góticas. Graciñas polo teu esforzo.

xoves, 16 de abril de 2020

Video-Arte


O outro día apuntamos algunhas suxestións para o traballo final de Cultura Audiovisual 2 e falamos da Videopoesía. Hoxe apuntaremos outras posibilidades, como por exemplo traballar directamente con pinturas concretas ou estilos e formas artísticas que vos molen para inspirarvos.  Durante o curso publicamos varias entradas sobre a cuestión. Aquí as tedes ao completo. Volvede a pegarlle un repaso para inspirarvos. Podedes reconstruír un cadro e aportarlle movemento mediante stop motion, ou utilizar os elementos que tedes na casa para reformular un estilo determiñado, ou crear unha historia a partires dun cadro.  Do mesmo xeito que coa videopoesía as posibilidades son infinitas e só dependen da vosa imaxinación. Outro exemplo  aquí: “10 videos musicales inspirados en obras de arte”. Tamen vimos spots publicitarios co mesmo sentido. Este xa o vimos no curso, máis é para lembrar o traballo que procuramos.


Ou este outro con permiso de Angel

Perfectamente Imperfecto

Aquí vai unha dosis Wabisabi de filosofía "Deiviana". (David). Que vos preste.

.

mércores, 15 de abril de 2020

Peli de Loving Vincent

Hola a todos!!
Como os va? Espero que lo estéis pasando lo mejor posible, y yo para eso, os vengo a decir que en Netflix han puesto una Peli, "Loving Vincent" animada al estilo de los cuadros de Van Gogh, y trata los últimos días del artista.
Es muy bonita y entretenida y no viene mal para saber un poco más acerca de este maravilloso artista.
Espero que la veáis porque está muy muy muy chuli, un besito :)

https://www.netflix.com/title/80171527?s=a&trkid=13747225&t=cp

luns, 13 de abril de 2020

Videopoesía

Entre os traballos que tedes para  abril-maio, está o que poderíamos denominar  videoArte, ainda que nun sentido moi amplo, "o audiovisual" debería ser só a envoltura, a forma, mais o ollo e o corazón debería estár centrado nunha práctica artística concreta (a música, a literatura, a pintura, a danza, etc).  Imos a comezar hoxe polos VIDEPOEMAS.  Trátase de xogar coa palabra poética e a imaxe. Os poemas poden ser vosos ou de calquera autor/a que vos mole. Imos poñer tres tipos de exemplos:

a)  Visitade esta WEB: VERSOGRAMAS. Aquí tedes moita información sobre a videopoesía. Un dos seus autores, Juan Lesta  ía a visitarnos en abril no Instituto, mais como imaxinadades quedará para outra ocasión. Hai moitos exemplos e ben fermosos deste xeito de contar. Nesta Web tedes moitos exemplos de xeitos diversos de achegarse á videopoesía como por exemplo
“Qué es el amor” , un poema de Lucy English, traducido e recitado por Eduardo Yagüe. Él mesmo asume a dirección do videopoema. Como actor protagonista, Steffan Carlson.


B).- Outro exemplo é o "Proxecto Nimbos" sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, no que un fato grande de cineastas galegos fanlle unha peculiar homaxe visual poñendo imaxes ás sensacións que producen os seus versos. A iniciativa consistiu en facer un chamamento a cineastas e creadores audiovisuais tanto de Galiza como de fóra dela para faceren unha breve curtametraxe e dar nela a súa visión dun dos poemas que forman o libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro. Se procedemos á súa lectura vemos como os textos do poemario se caracterizan por unha forte compoñente visual. Polos versos están esparexidas imaxes e metáforas capaces de definir dunha maneira nidia todo tipo de conceptos. Un estilo poético que fai gala de certo resaibo pola metafísica da mirada. As descricións son prolíficas e fai gala de certa insistencia contemplativa no mundo natural que redunda nun forte existencialismo. Podes miralos aquí perfectamente organizados con ligazóns dos poemas aos vídeos.

C) Adxunto tres bós exemplos de videopoesía  realizados no noso Instituto nestes anos  e que por certo son ben diferentes:
O primero é de Natalia Fernández e o poema é do poeta Xosé María Díaz Castro


O segundo é de Ana Pena.



O terceiro de Lara e Noa é un poema de José Martí.


Publicamos aquí tamén o videopoema de Toño Lopez con texto de Antonio Machado.
O próximo artigo será sobre  videodanza.