Non a perdades que paga a pena.
xoves, 11 de xuño de 2020
Colacao
Extrordinaria animación de María Beceiro versionando a canción do dúo compostelán "Boyanka Kostova".
luns, 8 de xuño de 2020
Five Fingers
Magnífica peza de animación de Nerea Couto
Nerea Couto: Five Fingers: Una animación en las que muestro al personaje de mi comic, Kafka, como un loco asesino. El caos y los colores brillantes muestran la inquietud y el desorden que tiene en su cabeza.
martes, 2 de xuño de 2020
domingo, 24 de maio de 2020
"Sombra" de Lucía Ladero
"De Meliés a Tim Burton" agrupa prácticas dos alumnos de 1º BAC en calquera das técnicas de stop motion e realizadas con teléfonos mobiles, cámaras domésticas ou cámaras fotográficas, realizadas en maio do 2020, durante o estado de alarma polo COVID-19. Aquí está a primeira e magnífica proposta da gran Lucía Ladero.
Como escrebe a propia autora: "Nosotros mismos somos los que, en la gran mayoría de las veces, creamos nuestras propias barreras, con miedos o dudas irracionales que nos ocupan la mente sin dejarnos avanzar".
Noraboa pola peza. Non pode ser máis pertinente. Gostoume moito...
venres, 15 de maio de 2020
Utopía
Veño facer recomendación dunha serie que estou vendo estes días e que me está gustando un montón tanto a nivel visual que resulta moi chamativa, como a banda sonora e a historia que semella bastante distópica.
Ademais está gratuíta na rede así que compártovos o enlace por aquí https://serie-utopia.wixsite.com/utopia

venres, 8 de maio de 2020
O bombardeo de Güernica
De novo Lucia Rubido nos sorprende cun novo
traballo realizado durante os días de
corentena para Historia de España. Imaxinativo, traballado e con contido,como o que fixo sobre España na 1º Guerra mundial . Ten de
novo os catro puntos como catro rañaceos porque tamén realizou os
comentarios ABAU. Por suposto xa ten
garantido o 10 final en Historia de España.
luns, 4 de maio de 2020
Nuevas de Oliver Laxe :)
Hola a todos y a todas, que tal estáis?
Me vuelvo a pasar por aquí porque me he enterado de una noticia muy interesante, es de Oliver Laxe, va a volver a sus raíces.
Bueno, por lo menos a mí me lo parece... Ya que se va a convertir en un vecino de mi tío jiji.
Aquí os dejo la noticia.
https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/sono-oliver-laxe-xa-brota-nos-ancares/202005031503191436528.html

venres, 24 de abril de 2020
Unha cociña, unha peceira e un actor
Un bo exemplo de continuidade narrativa con tres elementos: unha cociña, unha peceira e un actor. Simple, efectivo e con intención
xoves, 23 de abril de 2020
EL VERANO QUE VIVIMOS
Hola chicoos, os dejo por aquí el trailer de "El verano que vivimos ", una película que fue rodada el año pasado en Ferrol por septiembre aproximadamente. Aparecen actores como Blanca Suárez, Javier Rey, María Pedraza y Carlos Cuevas. Y pues eso, aquí lo tenéis para echarle un vistazo, la verdad es que me tiene buena pinta y tengo mucha intriga por ver cómo quedan finalmente las escenas que grabaron aquí. Por lo que sé, grabaron en Canido, cerca del Cantón y en la ermita de la playa de Santa Comba.
El papel de España en la I Guerra Mundial
Aquí tedes un traballo de Historia de España feito por Lucia Rubido durante os días de cuarentena. Imaxinativo, traballado e con contido, qué mais lle podemos pedir?... Ten os catro puntos como catro catedrais góticas. Graciñas polo teu esforzo.
xoves, 16 de abril de 2020
Video-Arte
O outro día apuntamos algunhas suxestións para
o traballo final de Cultura Audiovisual 2 e falamos da Videopoesía. Hoxe apuntaremos outras posibilidades, como por
exemplo traballar directamente con pinturas concretas ou estilos e formas artísticas
que vos molen para inspirarvos. Durante
o curso publicamos varias entradas sobre a cuestión. Aquí as tedes ao completo.
Volvede a pegarlle un repaso para inspirarvos. Podedes reconstruír un cadro e
aportarlle movemento mediante stop motion, ou utilizar os elementos que tedes
na casa para reformular un estilo determiñado, ou crear unha historia a
partires dun cadro. Do mesmo xeito que
coa videopoesía as posibilidades son infinitas e só dependen da vosa
imaxinación. Outro exemplo aquí: “10 videos musicales inspirados en obras de arte”. Tamen vimos spots publicitarios co mesmo sentido. Este xa o vimos no curso, máis é para lembrar o traballo que procuramos.
Ou este outro con permiso de Angel
Perfectamente Imperfecto
Aquí vai unha dosis Wabisabi de filosofía "Deiviana". (David). Que vos preste.
.
.
mércores, 15 de abril de 2020
Peli de Loving Vincent
Hola a todos!!
Como os va? Espero que lo estéis pasando lo mejor posible, y yo para eso, os vengo a decir que en Netflix han puesto una Peli, "Loving Vincent" animada al estilo de los cuadros de Van Gogh, y trata los últimos días del artista.
Es muy bonita y entretenida y no viene mal para saber un poco más acerca de este maravilloso artista.
Espero que la veáis porque está muy muy muy chuli, un besito :)
https://www.netflix.com/title/80171527?s=a&trkid=13747225&t=cp

luns, 13 de abril de 2020
Videopoesía
Entre os traballos que tedes para abril-maio, está o que poderíamos denominar videoArte, ainda que nun sentido moi amplo, "o audiovisual" debería ser só a envoltura, a forma, mais o ollo e o corazón debería estár centrado nunha práctica artística concreta (a música, a literatura, a pintura, a danza, etc). Imos a comezar hoxe polos VIDEPOEMAS. Trátase de xogar coa palabra poética e a imaxe. Os poemas poden ser vosos ou de calquera autor/a que vos mole. Imos poñer tres tipos de exemplos:
a) Visitade esta WEB: VERSOGRAMAS. Aquí tedes moita información sobre a videopoesía. Un dos seus autores, Juan Lesta ía a visitarnos en abril no Instituto, mais como imaxinadades quedará para outra ocasión. Hai moitos exemplos e ben fermosos deste xeito de contar. Nesta Web tedes moitos exemplos de xeitos diversos de achegarse á videopoesía como por exemplo
“Qué es el amor” , un poema de Lucy English, traducido e recitado por Eduardo Yagüe. Él mesmo asume a dirección do videopoema. Como actor protagonista, Steffan Carlson.
B).- Outro exemplo é o "Proxecto Nimbos" sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, no que un fato grande de cineastas galegos fanlle unha peculiar homaxe visual poñendo imaxes ás sensacións que producen os seus versos. A iniciativa consistiu en facer un chamamento a cineastas e creadores audiovisuais tanto de Galiza como de fóra dela para faceren unha breve curtametraxe e dar nela a súa visión dun dos poemas que forman o libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro. Se procedemos á súa lectura vemos como os textos do poemario se caracterizan por unha forte compoñente visual. Polos versos están esparexidas imaxes e metáforas capaces de definir dunha maneira nidia todo tipo de conceptos. Un estilo poético que fai gala de certo resaibo pola metafísica da mirada. As descricións son prolíficas e fai gala de certa insistencia contemplativa no mundo natural que redunda nun forte existencialismo. Podes miralos aquí perfectamente organizados con ligazóns dos poemas aos vídeos.
C) Adxunto tres bós exemplos de videopoesía realizados no noso Instituto nestes anos e que por certo son ben diferentes:
O primero é de Natalia Fernández e o poema é do poeta Xosé María Díaz Castro
O segundo é de Ana Pena.
O terceiro de Lara e Noa é un poema de José Martí.
Publicamos aquí tamén o videopoema de Toño Lopez con texto de Antonio Machado.
O próximo artigo será sobre videodanza.

xoves, 26 de marzo de 2020
Peli especial para vos
O Director Ignacio Vilar envíame esta mensaxe:
Ola Manolo
vai SICIXIA (web) aberto só para os teus alumnos
Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.
Ola Manolo
vai SICIXIA (web) aberto só para os teus alumnos
Xa rirás a opinión das alumnas/os do filme.
Teño moito interese na súa opinión.
CONTRASINAL: SicixiaVO0718
Estaría ben que a vexades. O protagonista da historia é un técnico de son...Pode que vos interese (por exemplo a David).
martes, 24 de marzo de 2020
Novas composicións de Historia de España
As composicións históricas do tema sobre o Reinado de Alfonso III son tres. A primeira -a crise da restauración- xa pasou o prazo (teño 15 entregadas e hoxe teredes as correccións). Aqui tedes dúas mais: A crise do 17 e a Ditadura de primo de Rivera...
domingo, 22 de marzo de 2020
Eroski paraiso na TVG
LUNS as 22.30: Eroski paraiso na TVG
https://www.facebook.com/108615840572422/posts/201047714662567/
martes, 17 de marzo de 2020
Novo Cinema Galego de balde
Como agora tedes tempo, podedes empregalo poñéndovos ao día vendo filmes especiais de balde, como por exemplo grandes pezas do Novo Cinema Galego. Entre elas a primeira película de Oliver Laxe e outr@s cineastas d@s que falamos en clase. Tamén está un enlace ás curtas da Chanfaina. Deixade para despois o cine mainstream e respirade un pouco de ar fresco. Cliqueade na imaxe
luns, 16 de marzo de 2020
Cuarentena e Historia de España
Ola a tod@s,
En situacións extraordinarias, só caben respostas extraordinarias. Levo todo o curso intentando que entendades o importante que é a Historia e cómo as boas e malas decisións dos homes inflúen e afectan decisivamente na vida cotiá da humanidade. Como tod@s sabedes, a materia de Historia de España en 2º bac- ABAU depende basicamente da vosa capacidade de chapatoria e nomeadamente da elaboración -mais ou menos atinada- dunha composición histórica. O meu consello é que aproveitade ao máximo o tempo xa que estades en cuarentena. Esto pasará e logo ides a andar apurados coa proba ABAU. Pouco podo facer para motivarvos a que estudedes, mais si sería moi util que vos empaparades un pouco deste tempo histórico -o século XX- tan preto xa de nós . Podedes enviarme as composicións históricas a través do meu correo pacharistas@gmail.com, botándolle un ollo aos materiais que van a continuación
6.-RECUPERACIÓN DA 1º E 2º AVALIACIÓN
· Traballo creativo de Historia de España ata o século XX. Obrigatorio
· Comentario do século XIX . Obrigatorio
· Calquera pregunta que consideredes sobre a vosa nota
ALFONSO XIII
LA FORJA DE UN REBELDE .Sen dúbida a mellor serie da historia da TV en España. Un repaso exhaustivo e rigoroso do primeiro terzo do século XX en España. Baseado na obra de Arturo Barea. Absolutamente imprescindible. Podes ver legalmente a serie completa aquí
JARRAPELLEJOS: O caciquismo e a inxustiza na Estremadura rural dos anos vinte . Baseada na novela de Felipe Trigo. E unha película que cabrea de cojones. FlixOlé
EL CRIMEN DE CUENCA: Baseada en feitos reais, Pilar Miró pon en evidencia as inxustas regras da xustiza da Restauración. Tamén pon ao espectador de moi mala hostia. FlixOlé
VIDA EN SOMBRAS Filme maldito. Obra mestra do cinema español. Un repaso ao 1º terzo do século XX a través co cinema. Unha rareza singular
LA VERDAD SOBRE EL CASO SAVOLTA. Moi recomendable. A Barcelona obreira de 1916. Baseado na novela de Eduardo Mendoza. Gran peli. Un clásico do cine histórico español.FlixOlé
OJO POR OJO: Miniserie recente sobre avatares de grupos anarquista na Barcelona de 1919. Romance e acción revolucionaria. Podes ver legalmente a serie completa aquí
REPÚBLICA E GUERRA CIVIL (tes un completo listado o final da presentación descargable)
Especiais e imprescindibeis:
LA FORJA DE UN REBELDE Sen dúbida a mellor serie da historia da TV en España. Un repaso exhaustivo e rigoroso do primeiro terzo do século XX en España. Baseado na obra de Arturo Barea. Absolutamente imprescindible. Podes ver legalmente a serie completa aquí
DRAGON RAPIDE: Magnífica e rigurosa reconstrución dos días anteriores ao 18 de xullo e todos os pormenores da conspiración golpista. O protagonista é Franco. Imprescindible. Ver en youtube
LA CONSPIRACION: Magnífica e rigurosa reconstrución do proceso de conspiración do Xeneral Mola dende o mesmo día do trunfo da Fronte Popular. Imprescindible para comprender as orixes da Guerra Civil. Podes vela legalmente aquí
NOTICIAS DE UNA GUERRA. Apaixoante docu que utiliza só imaxes, textos e audios da época. Moi instructivo Podes velo legalmente aquí
Outras
A LINGUA DAS VOLVORETAS A vida cotián e o tempo da República dende o punto de vista dun mestre rural republicano en Galicia. Baseada na novela de Manuel Rivas FlixOlé
MI HIJA HILDEGART Historia verídica sobre a ferrolana Aurora e a súa filla Hildegart. FlixOlé
CLARA CAMPOAMOR LA MUJER OLVIDADA Magnifica recreación sobre o parlamento republicano e a conquista do voto da muller. Podes vela legalmente aquí
LOS JINETES DEL ALBA Serie imprescindible centrada especialmente na revolución de Asturias de 1934. Podes vela serie legalmente aquí
MORIR EN MADRID Un documental clásico e moi representativo da mirada internacional sobre a Guerra Civil.. Podes velo legalmente aquí
AY CARMELA Sin dúbida un dos mellores filmes sobre a Guerra Civil española. Non a perdades e ter klenex preto porque ides chorar si ou si..FlixOlé
LAS TRECE ROSAS Historia dun grupo de mozas socialistas fusiladas ao remate da Guerra civil. Ides pillar un gran cabreo.FlixOlé
LA HORA DE LOS VALIENTES: A Guerra dende os que salvagardaron os cadros do Museo do Prado. Moi bonita para @s amantes da arte. FlixOlé
LIBERTARIAS A Guerra dende o punto de vista das mulleres anarquistas. Moi apropiada para mulleres bravas. FlixOlé
TIERRA Y LIBERTAD Filme de Ken Loach moi reivindicativo do labor dos anarquistas na Guerra Civil.Ver en youtube
LA GUERRA DE LOS LOCOS: A Guerra dende o punto de vista dun grupo de tolos dun manicomio. Moi orixinal. Podes velo legalmente aquí
REQUIEM POR UN CAMPESINO ESPAÑOL Crónica da Guerra Civil en Aragón segundo a novela de Rafael J. Sender. Ver en youtube

TAREFAS DE HISTORIA DE ESPAÑA
Como ben lembraredes,
quedamos máis ou menos na penúltima pandemia vivida na Historia de España: A GRIPE DE 1918, onde apuntamos que as
medidas de illamento social son as únicas que verdadeiramente funcionan se non
hai vacinas ou tratamentos. E
tranquil@s que a historia (dende a Idade Media) ensina que funcionan.
Imos pois traballar nun só
bloque todo o período histórico que comprende dende o reinado de Alfonso XIII
ata a Guerra Civil Española. (1902-1939) (Queda
pendente o referido ao franquismo e a España contemporánea).
Aquí van os contidos:
1.-PRESENTACIÓNS DESCARGABEIS
(lamentablemente non
funcionan as ligazóns aos vídeos)
2.-DE VISION OBRIGADA: (facerme caso por favor)
Non tedes escusa algunha: Xa teñen o enlace directo: Tedes que ver obrigatoriamente estes filmes cos que ides entender
moitiiiiiiiiisimo mellor os apuntes...
- O REINADO DE ALFONSO XIII (da serie documental Memoria de España)
- PRIMO DE RIVERA E 2º REPUBLICA (da serie documental Memoria de España)
- LA FORJA DE UN REBELDE: Unha das mellores series da historia da Televisión española. ¡¡¡¡IMPRESCINDIBLE ¡¡¡¡¡¡¡¡¡ unha
marabilla de produción (baseado en feitos reais e a propia historia do escritor Arturo Barea ).
3-TEMAS PARA CHAPAR e FACER ESQUEMAS PROPIOS (Apuntes, definicións,
cronoloxía)
4.-COMENTARIOS: Cada semana
colgarei u ou dous comentarios para enviar por correo electrónico á pacharistas@gmail.com que corrixirei na casa.
- · Esta é a composición histórica desta semana: Crise da Restauración. (Desarticulación del sistema canovista). Entrega 22 de marzo
5 5. TRABALLO. Por suposto, tamén podedes facer o traballo deste periodo histórico. Que son 4 puntos¡¡¡¡ e ademais prometo ser xeneroso dadas as circunstancias.
6.-RECUPERACIÓN DA 1º E 2º AVALIACIÓN
· Traballo creativo de Historia de España ata o século XX. Obrigatorio
· Comentario do século XIX . Obrigatorio
· Calquera pregunta que consideredes sobre a vosa nota
7.-OUTRAS PELICULAS MOI RECOMENDABEIS para ver nestes días (e fiádevos de min, please) que son pelis moi moi boas. Ao final de cada presentación descargable tedes un listado exhaustivo tema a tema.
Todas as pelis están na plataforma do cine español FlixOlé (aproveitade a oferta que este mes é gratis). E logo custa 2,99 ao mes
Todas as pelis están na plataforma do cine español FlixOlé (aproveitade a oferta que este mes é gratis). E logo custa 2,99 ao mes
ALFONSO XIII
LA FORJA DE UN REBELDE .Sen dúbida a mellor serie da historia da TV en España. Un repaso exhaustivo e rigoroso do primeiro terzo do século XX en España. Baseado na obra de Arturo Barea. Absolutamente imprescindible. Podes ver legalmente a serie completa aquí
JARRAPELLEJOS: O caciquismo e a inxustiza na Estremadura rural dos anos vinte . Baseada na novela de Felipe Trigo. E unha película que cabrea de cojones. FlixOlé
EL CRIMEN DE CUENCA: Baseada en feitos reais, Pilar Miró pon en evidencia as inxustas regras da xustiza da Restauración. Tamén pon ao espectador de moi mala hostia. FlixOlé
VIDA EN SOMBRAS Filme maldito. Obra mestra do cinema español. Un repaso ao 1º terzo do século XX a través co cinema. Unha rareza singular
LA VERDAD SOBRE EL CASO SAVOLTA. Moi recomendable. A Barcelona obreira de 1916. Baseado na novela de Eduardo Mendoza. Gran peli. Un clásico do cine histórico español.FlixOlé
OJO POR OJO: Miniserie recente sobre avatares de grupos anarquista na Barcelona de 1919. Romance e acción revolucionaria. Podes ver legalmente a serie completa aquí
REPÚBLICA E GUERRA CIVIL (tes un completo listado o final da presentación descargable)
Especiais e imprescindibeis:
LA FORJA DE UN REBELDE Sen dúbida a mellor serie da historia da TV en España. Un repaso exhaustivo e rigoroso do primeiro terzo do século XX en España. Baseado na obra de Arturo Barea. Absolutamente imprescindible. Podes ver legalmente a serie completa aquí
DRAGON RAPIDE: Magnífica e rigurosa reconstrución dos días anteriores ao 18 de xullo e todos os pormenores da conspiración golpista. O protagonista é Franco. Imprescindible. Ver en youtube
LA CONSPIRACION: Magnífica e rigurosa reconstrución do proceso de conspiración do Xeneral Mola dende o mesmo día do trunfo da Fronte Popular. Imprescindible para comprender as orixes da Guerra Civil. Podes vela legalmente aquí
NOTICIAS DE UNA GUERRA. Apaixoante docu que utiliza só imaxes, textos e audios da época. Moi instructivo Podes velo legalmente aquí
Outras
A LINGUA DAS VOLVORETAS A vida cotián e o tempo da República dende o punto de vista dun mestre rural republicano en Galicia. Baseada na novela de Manuel Rivas FlixOlé
MI HIJA HILDEGART Historia verídica sobre a ferrolana Aurora e a súa filla Hildegart. FlixOlé
CLARA CAMPOAMOR LA MUJER OLVIDADA Magnifica recreación sobre o parlamento republicano e a conquista do voto da muller. Podes vela legalmente aquí
LOS JINETES DEL ALBA Serie imprescindible centrada especialmente na revolución de Asturias de 1934. Podes vela serie legalmente aquí
MORIR EN MADRID Un documental clásico e moi representativo da mirada internacional sobre a Guerra Civil.. Podes velo legalmente aquí
AY CARMELA Sin dúbida un dos mellores filmes sobre a Guerra Civil española. Non a perdades e ter klenex preto porque ides chorar si ou si..FlixOlé
LAS TRECE ROSAS Historia dun grupo de mozas socialistas fusiladas ao remate da Guerra civil. Ides pillar un gran cabreo.FlixOlé
LA HORA DE LOS VALIENTES: A Guerra dende os que salvagardaron os cadros do Museo do Prado. Moi bonita para @s amantes da arte. FlixOlé
LIBERTARIAS A Guerra dende o punto de vista das mulleres anarquistas. Moi apropiada para mulleres bravas. FlixOlé
TIERRA Y LIBERTAD Filme de Ken Loach moi reivindicativo do labor dos anarquistas na Guerra Civil.Ver en youtube
LA GUERRA DE LOS LOCOS: A Guerra dende o punto de vista dun grupo de tolos dun manicomio. Moi orixinal. Podes velo legalmente aquí
REQUIEM POR UN CAMPESINO ESPAÑOL Crónica da Guerra Civil en Aragón segundo a novela de Rafael J. Sender. Ver en youtube
RAZA. Versión da Historia de España segundo guión do propio Franco. Un filme moi representativo do pensamento franquista Podes velo legalmente aquí
Insisto; tedes unha listaxe moi completa nas presentación descargabeis.
Todas as pelis están na plataforma do cine español FlixOlé (aproveitade a oferta de 30 días gratis). E logo custa 2,99 ao mes

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)