domingo, 15 de marzo de 2020

Virus wabisabi

Ola a tod@s, cando falamos de “El verdugo” en clase, concluíamos con  “A vida te pilla a pesares da  túa vontade”. E iste é un deses momentos en que a distopía deixa de ser virtual para converterse case nun pesadelo real  do que queremos espertar canto antes. Son días que ficarán na vosa memoria para sempre. E de seguro que moit@s  ides descubrir cousas sobre vós mesmos que non sabiades que estaban aí. Ao mellor, que está ben loitar por un futuro que garanta que non volten situacións similares. Boa sorte e coidádevos. O meu correo está a vosa disposición para calquera cuestión: pacharistas@gmail.com

E sen mais imos ao choio coas tarefas de Cultura Audiovisual para o mes de MARZO.

CULTURA AUDIOVISUAL 2  
O tema do mes de marzo, era o exercicio de continuidade narrativa “De Grifhith a Spielberg”. Quedábame por explicar parte do contido, mais está todo aquí:
<
De Griffith a Spielberg from Manolo Gonzalez
O Exame de contidos desta presentación queda aprazado (O resumo básico é o tema 3 da ABAU que está aquí.

Tamén considerei interesante adxuntar algúns materiais máis -da miña colleita- tendo en conta que tedes mais tempo para ler. (Adescargar)
Buscando una historia desesperadamente (sobre o proceso de procura de historias)
Escribid, escribid, malditos (sobre a escrita de guión)
Sobre todo preproducción (Fase de preproducción). Desactualizado
Preprodución inmediata /(Fase de gravacion) Desactualizado
Zafarrancho de combate (Equipos de rodaxe). Desactualizado
Xa sabemos que a práctica  tiña que ser colectiva e grupal, mais por razóns obvias non poderá ser

Propoño pois que a fagades individualmente na casa. Tratase dunha pequena peza con 15 ou mais planos e un par de movementos de cámara (3-5- minutos) no que demostres que coñeces as regras do cinema industrial e non cometes erros de  gramática e de continuidade (racord, montaxe invisible, iluminación naturalista, verosimilitude, etc).

A)     Podería ser unha historia coa xente da túa familia, gravada na casa, tendo en conta o que está acontecendo no espazo off (a cuarentena).
B)      Podería ser unha historia coa técnica de stop motion, realizada con obxectos, recortábeis ou similares.("De Melies a Tim Burton")
C)      Ou fai o que queiras, mais non esquezas que o importante é que fagas unha peza “clásica”, desta vez sen moita "artistada".

Na medida que fose posible estrenaríamos as vosas creacións dándolle bola nas redes sociais e convertendo cada estrea nun acontecemento..  Non tedes excusa... Poñédevos a filmar XA. Tod@s agardamos as vosas creacións. Prazo: 30 de marzo.  Lembrade que a entrega anticipada ten premio
E @s que tedes traballos pendentes poñédevos ao día e así aprobaredes a asignatura.

E por favor escribide no blog o que vos pete.  Tamén podedes facer un diario filmado ao estilo Jonas Mekas, que vimos no tema do  Documental. Todo ese traballo voluntario estará reflectido na nota..

CULTURA AUDIOVISUAL 1
Xa sabedes o que tedes que facer. Repasar ben as presentacións e facer un comic que polo menos gane o primeiro premio no festival deAnguleme.  Tamen podedes cambiar de historia e contar o que vos está acontecendo durante a cuarentena. Podemos publicalos neste blog. para animalo un pouco máis...Prazo: 30 de marzo
Aquí están as presentacións para inspirarvos.

4. Relato secuencial (1)
5. Relato secuencial (2). Comic







mércores, 11 de marzo de 2020

El ingenio de los videoclips musicales

Buenos días, tardes o noches!


Todos sabemos lo que es un videoclip, no? Típica cortometraje con un aspecto promocional para una canción en la que la inmensa mayoría son gente bailando al ritmo de la música o que muestran un pequeño espectáculo incluyendo siempre al cantante.

Bueno, pues hoy os traigo algo diferente a lo que podéis entender como videoclip, características o técnicas que no son para nada comunes en estos.

El primero que os traigo es Breezeblocks! De alt-J:




Este videoclip se caracteriza principalmente por que literalmente está invertido. Y lo mejor de todo es que se puede entender perfectamente la historia que cuenta aunque esté ordenado al revés y mantiene las reglas de la continuidad a la perfección.

A continuación traigo The Mind Electric! De ミラクルミュージカル (que por cierto se puede traducir al español como "milagro musical"):

¡Advertencia!
Este videoclip contiene flashes y cambios de color muy bruscos, si tienes tendencia a experimentar ataques epilépticos NO veas el vídeo. 
No quiero a nadie en el hospital y que después  me manden la factura.


Este videoclip destaca sobre cualquier otro por su simpleza pero a la vez complejidad, me explico: en este ejemplo también va al revés, pero solo la primera mitad, que en realidad es la canción entera invertida (incluyendo la música). En la otra mitad es la canción en su orden normal. Otra cosa que lo caracteriza es su único uso del texto y el color para hablar al espectador. No hay figuras humanas, no hay ningún escenario ni nada que puedan asociar nuestros ojos; pero a la vez es capaz de transmitirnos sentimientos con ese texto rítmico y simple.

Nuestro siguiente videoclip es Lost The Game! De Two Feet:


Este videoclip también solo hace uso del texto como efecto visual, pero mucho más exagerado. Lleno de efectos visuales jugando con el texto de mil y una maneras de formas muy extravagantes. Y como el anterior, usando el color.

Ahora toca algo que sí se acerca más a lo que comúnmente entendemos como videoclip, pero no. BANG! De AJR:


En este caso nos encontramos con ni más ni menos que un plano secuencia! Y muy interesante además porque solo hay un tipo de movimiento, de delante a atrás. Cabe destacar el fantástico trabajo que ha hecho el director artístico con la ropa de los actores.

El siguiente ejemplo que os voy a poner ahora es otro plano secuencia. Hand me my Shovel, I'm Going In! De Will Wood:



Este vídeo se caracteriza por su gran extravagancia en el decorado pero sobre todo por esa lente de ojo de pez que distorsiona todo el vídeo. Sin duda es algo bastante innovador y estoy seguro que si miras a diferentes partes del vídeo cada vez que lo ves encuentras cosas en las que no te habías fijado.

Y que tal animaciones? The Wolf. De SIAMÉS:


Podría escribir un artículo a parte de esta maravillosa animación creada por Rudo Company, pero no lo haré. Como principal característica podemos destacar el inteligente uso de tan solo tres colores, siendo la mayor parte de la animación en blanco y negro. Un vídeo con constante dinamismo y que no aburre aunque lo veas una y otra vez. Una estética y animación bastante innovadoras a mi parecer.

Por último quiero mostraros algo de lo más raro que he podido encontrar. Little Pistol. De Mother Mother:


Este inusual videoclip que mezcla gran cantidad de imágenes de diferentes ámbitos. Relaciona imágenes de hasta un investigador a la ladera de un volcán activo hasta Jesucristo siendo atropellado por un bus o incluso dibujos animados de hace un siglo. Según el director del vídeo (Elia Petridis), el vídeo trata sobre la física cuántica, los fractales y como la consciencia y el universo están y siempre estarán interconectados.


Eso es todo por hoy. Gracias por leer!

David.

xoves, 5 de marzo de 2020

Manolo!!!! Aquí con el Fernando VIII en el Thyssen para el mundo!!!


xoves, 27 de febreiro de 2020

elite

justo acabo de ver el articulo que colgó manolo sobre la continuidad y me recordó a este clip de la serie de netflix élite

fijaros en la copa del principio como se la bebe dos veces

Script continuidade

Estamos a ver en clase que unha das características do cinema industrial é o de continuidade ou racord. O/a responsable de controlalo é a figura da script (secretario/a de rodaxe)que está integrada no equipo de dirección . Aquí vos deixo dous videos sobre a continuidade para que entendades mellor as súas funcions asi como  conceptos básicos que debedes aplicar na vosa práctica. Aquí tedes un artigo para que lembredes. No artigo tedes ademais á vosa disposición unha longa  clase maxistral sobre a importancia da continuidade:
Clase Magistral sobre Continuidad Cinematográfica por Mariana Gironella
E aquí un minitutorial  impartido por un  mozo youtuber sobre o asunto:

E xa para botar unhas risas, aquí volo conta José Mota. Tedes que velo ata o final




Animádevos  a poñer aquí agrupacións de secuencias que teñan erros de continuidade ou de raccord no eixe, dirección, vestuario, atrezzo ou miradas... Hai miles de videos en Internet que abordan a cuestión. Veña, que cada bó exemplo que poñades terá un premio. Hai vai un ao chou:

O mago dos efectos especiais clásicos

En relación co principio da verosimilitude, aludimos na clase ao traballo do grande técnico Emilio Ruiz del Río. Un dos grandes creadores de efectos especiais do cinema español -450 películas- como pintor, decorador ou maquetista e que ten participado en superproducións hollywodienses como "Conan", "Espartaco" "Dune", "Lawrence de Arabia"   ou "El cid" entre outras. O seu nome da pleno sentido ao concepto técnico de efectos especiais ás ordes do Director Artístico.
Aquí tedes un fragmento do documental "El último truco" onde podemos apreciar a súa incrible destreza na técnica do cristal pintado (considerado como o mellor do mundo) .
 
 
E se vos molou o fragmento podedes ver o documental íntegro nesta ligazón.

luns, 24 de febreiro de 2020

Cinema "ferrolán"

Estades moi liad@s cos exames, mais o venres tedes unha cita:
Coa vontade de apoiar o talento local, convidamos a DUPLEX Cinema catro cineastas de Ferrol que veñen desenvolvendo unha interesante carreira nos últimos anos. Son Rubén Coca, Carlos A. Quirós, Cristina Esteiro e Sandra Sánchez. Parte da súa obra poderá verse o venres 28 de febreiro ás 20:30 horas, nun pase no que estarán presentes e compartirán co público as súas fitas. Esta sesión especial de curtas ten un prezo xeral de 2,50 euros, mentres que as persoas abonadas entran por 2 euros.
Rubén Coca: Tras varias curtametraxes, Notamotof (2004) pono no mapa cunha ampla selección en máis de 50 festivais. Entre as súas curtas máis destacadas atópanse La princesa alegría (2008) e Mínimo común múltiplo (2008). Inquedo e polifacético, Rubén Coca tamén produce en 2009 a peza de animación La niña que tenía una sola oreja, con ilustracións de Víctor Coyote; así coma o documental Roger de Flor: naturalidade silvestre (2010). Desde 2007 dedícase ademais á xestión cultural (sala Súper 8) e aos comentarios cinematográficos en diversos medios. De feito, ten unha estreita relación co noso cinema, onde programa os ciclos 'Ferrol de Cine: Primavera, Outono e Inverno de Cine' durante os anos 2008 e 2011. Actualmente colabora coa SER e a COPE, desde a que fala semanalmente das nosas estreas.

Notamotof

A vida dun home cambia unha noite despois de facerse unhas fotos coa súa noiva nun fotomatón.

Mínimo común múltiplo

O MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO  de A e B é o menor dos múltiplos comúns de A e B, é dicir, é o menor elemento do conxunto M (A, B) composto por infinitos elementos.
Cristina Esteiro e Carlos A. Quirós levan unha década a traballar no audiovisual desde a súa produtora Cuerda Floja. Con ela produciron curtametraxes como Os pioghosos (2011), A vinganza é un sentimento curioso (2012), Por un puñado de euros (2015) ou A bizcochada (2015), amais das pezas incluídas nesta sesión. Tamén realizan habitualmente videoclips e outro tipo de creacións audiovisuais.

Ferrol mola

Na aburrida cidade de Ferrol, o grafiti dun divertido macaco amarelo adorna as deterioradas fachadas das súas rúas máis decadentes. O famoso monicreque, que sempre parece estar de bo humor, acompaña unha curiosa mensaxe de gran optimismo: Ferrol mola.

Mbook: O libro mecánico de Ángela Ruiz Robles

A ferrolá Ángela Ruiz Robles patentou na metade do século XX un libro mecánico co propósito de alixeirar a carga das mochilas que nenas e nenos levaban á escola. Dona Angelita anticipou a chegada dos dispositivos dixitais, mais o seu principal obxectivo non se conseguiu en absoluto.
Sandra Sánchez é sobre todo coñecida pola súa longametraxe documental Tralas luces, sobre a vida de varios feirantes, que foi presentada en multitude de festivais como Donostia e obtivo 8 nominacións aos premios Goya. Ten dedicado boa parte da súa carreira ao cinema de non ficción, mais tamén conta cunha longa traxectoria en televisión e como montadora, con compañeiros como Xavier Bermúdez, Manane Rodríguez ou Ángeles Huerta. A nena azul é a súa última curtametraxe.

A nena azul

Sira, unha nena de oito anos, filla dun percebeiro furtivo da Costa da Morte, foxe da escola e refúxiase nunha solitaria praia, na procura do seu pai. Alí ten un misterioso encontro con alguén que parece ser o seu propio espello.

martes, 18 de febreiro de 2020

·Lúa Vermella"

Hoxe comezou a rular o trailer da nova película de Lois Patiño, "Lúa Vermella". A súa estrea será a final deste mes no Festival de Berlín e chegará ás pantallas en abril. E outro deses filmes do cinema galego que están destiñados a levar a Galicia mais aló das fronteiras.  E o que lle falta a Dani para reescribir o seu artigo cun novo título "Los cinco fantásticos". 
Lois Patiño é un virtuoso da composición e o encadre. Non hai mais que ver este trailer para comprobalo. Cada fotograma é un universo.
Aquí tedes a súa páxina web para coñecer mellor a súa obra

domingo, 16 de febreiro de 2020

tocar o fagot mola?


Ola! Sei que xa non estamos no tema de publicidade pero lembreime dun anuncio que vin hai un tempo que me chamou moito a atención xa que dá a impresión de que non ten moito sentido e porque utiliza a un instrumento clásico non moi coñecido.  Aquí déixovolo :)




xoves, 13 de febreiro de 2020

Esto es historia pero bueno...

Hola a todos... se que no tiene nada que ver con la publi , pero youtube me recomendó este vídeo y me hizo tanta gracia que necesitaba compartirlo.